La Vuelta Ciclista a España volve a pasar por Sarria

Un convenio entre a empresa organizadora e Turgalicia fixo posible que a provincia de Lugo acolla de novo unha etapa deste evento

Os responsables autonómicos valoran o impacto mediático que supón a emisión en directo da etapa para 150 países

• Un ano máis, a provincia de Lugo acollerá unha etapa de La Vuelta Ciclista a España, cun trazado de 152 quilómetros entre Palas de Rei e Murias, xa en León. Un trazado que permitirá que as bicicletas volten a cruzar a vila de Sarria un ano máis, esta vez como parte do percorrido Guntín de Pallares-Portomarín-Paradela-Biville-Maside-Sarria-Galegos-Becerreá-Pobra de Navia e Muñís, cun total de cinco portos de montaña.

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, nun momento da presentación da etapa lucense de La Vuelta Ciclista a España. DTXL

REPERCUSIÓN MEDIÁTICA

A presenza en Lugo deste evento deportivo de repercusión internacional, e que cumpre xa a súa 67ª edición, é posible grazas a un convenio entre a empresa organizadora e Turgalicia. Durante a presentación da etapa lucense de La Vuelta, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, sinalou que o tramo Palas de Rei-Murias será “un expositor inigualable para a beleza singular da provincia”, e valorou ademais o impacto mediático deste evento, que será emitido en directo para 150 países, así como o feito de que a emisión da competición convertirá á provincia de Lugo en protagonista dun programa en directo de dúas horas de duración que se retransmitirá en España a través da canle Teledeporte. Asimesmo, a responsable de Turismo estimou que as 1.500 persoas que forman parte da loxística da proba xerarán uns 250.000 euros diarios nas cidades e vilas que acollen ao equipo de profesionais.

GASTRONOMÍA LUCENSE

Neste sentido, Carmen Pardo anunciou que a Asociación de Empresarios de Hostelería de Lugo significará a súa presenza no evento cun stand que levará o esloga “E para comer, Lugo” para dar a coñecer os produtos gastronómicos lucenses con indicación de calidade (entre eles, os viños da Ribeira Sacra), que serán ofrecidos en degustación nas zonas vips dos postos de saída das diferentes etapas de La Vuelta. Pola súa parte, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, comentou que La Vuelta Ciclista a España xa descubriu o ano pasado algúns dos tesouros de Lugo, entre eles as potencialidades do destino para a práctica de actividades deportivas. Asimesmo, Arias destacou que este evento constitúe “unha magnífica oportunidade para todos os lugares polos que transita”, que se ven beneficiados por unha iniciativa con retorno económico sobresaínte, tanto a curto como a medio e longo prazo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Rebaixas: a grande expectativa do comercio local

Seguinte Nova

A Deputación terá que reducir as residencias para maiores xa proxectadas

Últimas noticias sobre DEPORTES

Intratábel a SD Sarriana

Magnífica a tempada a da SD Sarriana, que está a cumprir cos prognósticos que os daban como un dos favoritos ao ascenso.
Ir aInicio

Don't Miss