Noite de monólogos de primeira liña en Monforte

Manu Badenes e Txabi Franquesa actúan o próximo 10 de febreiro

• O 10 de febreiro Monforte será escenario dun chamativo espectáculo de monólogos. A delegación de Cultura do Concello de Monforte colabora neste evento, organizado pola produtora “The Young Comedy”. Os cómicos Manu Badenes e Txabi Franquesa protagonizarán o espectáculo “Noite de monólogos 10”, no auditorio do Edificio Multiusos ás 22:30 horas.

MANU BADENES E A SÚA INTERACCIÓN CO PÚBLICO

Manu Badenes compatibiliza a súa laboura de cómico coa de actor, guionista e debuxante e, dende hai anos, ten presentado os seus espectáculos nos máis variados escenarios de toda a xoegrafía española. Os diferentes shows que realiza procuran que o espectador se identifique con situacións cotiáns nas que todos nos vemos inmersos, poñendo de manifesto a súa capacidade para estreitar lazos de comunicación co público.

TXABI FRANQUESA, DENDE A PARAMOUNT COMEDY

Txabi Franquesa é un monologuista con experiencia en teatro, cine e televisión, medios nos que desenvolveu as facetas de actor, guionista, dobrador e incluso director teatral. En Paramount Comedy colaborou en ‘Noche sin Tregua’ e ten grabado 3 monólogos: ‘Misha y alcohol’, ‘Vamos Gerva’ e ‘Cocina Experimental’. Profesionalmente, autodefínese coma “un artista polipatético”, xa que toca diversos paus coma o cinema, o teatro ou a televisión.

BAILE E ACROBACIAS PARA ADEREZAR O ESPECTÁCULO

O espectáculo “Noites de Monólogos 10” contará, ademais de con estes recoñecidos monologuistas que teñen actuado en diversos programas televisivos, coa actuación do grupo de baile e acrobacias “Pans Crew”, que realizan unha mestura de baile moderno e parkcour e teñen actuado xa en varias salas en Galicia nos últimos meses.

VENDA DE ENTRADAS

Dende este martes están a venda as entradas no Edificio Multiusos, entre as 16:00 e as 20:00 horas cun prezo de 10 euros. Tamén distribuirán no despacho de billetes o propio día 10 de febreiro cun prezo de 12 euros. Para os que desexen recabar máis información sobre a venda de entradas está dispoñible no teléfono 982 403893, de 16:00 a 20:00 horas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comercio en Sarria: Premiados por mercar na vila

Seguinte Nova

O PSOE reflexiona sobre a posible implantación da zona azul en Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: