O Centro de Información á Muller de Monforte asistirá ás usuarias en 51 idiomas

• Este mes de xaneiro entrou en funcionamento o servizo de teletradución a 51 idiomas no Centro de Información á Muller (CIM) de Monforte de Lemos. Este servizo gratuito, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, ten como finalidade mellorar a atención ás mulleres e vítimas da violencia de xénero inmigrantes. O acto de presentación deste servizo tivo lugar en Lugo, coa presenza da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o alcalde de Monforte de Lemos, Severino Rodríguez, e os alcaldes de Burela, Ribadeo, Viveiro e Palas de Rei, as outras catro poboacións que contarán con este sistema.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e Severino Rodríguez, alcalde de Monforte, na firma do convenio xunto cos alcaldes de Burela, Viveiro, Ribadeo e Palas de Rei. SCX.

ÚTIL FERRAMENTA ANTE AS NOVAS CARACTERÍSTICAS POBOACIONAIS

Tras acreditar a utilidade da teletradución aplicada ao Teléfono de Información á Muller durante un ano, a Secretaría Xeral de Igualdade decidiu facela extensiva á rede de CIMs de Galicia, ás casas de acollida que asisten ás vítimas de violencia de xénero e ás entidades e ONGs que desenvolven a súa actividade solidaria neste eido. Igualdade recibiu a solicitude dun total de 45 CIMs de toda Galicia, que poderán iniciar a súa adhesión a este servizo sen custe algún para os centros e usuarias.

Segundo explicaron dende a Secretaría Xeral de Igualdade, a teletradución está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia, e ten entre as principais vantaxes reducir o estrés producido pola barreira idiomática e facilitar unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por violencia de xénero. A través desta plataforma de teletradución, as mulleres terán a seguridade dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico. O sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atopen (un CIM, unha casa de acollida ou calquera entidade adherida); así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete.

Durante o seu primeiro ano de funcionamento no Teléfono de Información á Muller de Galicia os idiomas máis demandados foron o romanés, o chinés e o árabe.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O alcalde de Monforte de Lemos, novo vicepresidente do Eixo Atlántico

Seguinte Nova

El espíritu “templario” impulsa el auge del billar en el sur de Lugo

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: