O Sergas achaca os problemas no ambulatorio durante o Nadal ao aumento dos casos de gripe xunto coas dificultades para contratar médicos substitutos

• O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, entrevistábase o pasado venres coa xerente de atención primaria en Lugo, Ana María García Cedrón, co fin de trasladarlle a situación vivida no centro de saúde de Monforte durante o Nadal. Moitos veciños e tamén algunhas forzas políticas coma o BNG trasladaron preocupantes queixas durante esas datas pola falta de atención a moitos pacientes debido á non substitución de diversos profesionais que tomaron días de vacacións. Nesas datas canceláronse citas programadas e pospúxose a atención aos usuarios por tempo superior a unha semana. Os pacientes, para paliar estas deficiencias, solicitaron asistencia urxente en lugar da que recibirían na cita ordinaria de non producirse o peche das axendas de médicos e de enfermeiras nos seus días de descanso.

Dende frontes coma o BNG xa denunciaran que “agardamos que a situación de austeridade se aplique noutros ámbitos e non na asistencia sanitaria básica, pois as consecuencias destes aforros tradúcense en gastos na asistencia urxente”, consideraron. Despois da reunión coa xerente de atención primaria que o rexedor monfortino considerou “positiva”, Severino Rodríguez indicou que a responsable do Sergas “foi receptiva ás queixas”, e se amosou “preocupada polos trastornos ocasionados á cidadanía”.

García Cedrón informou de que a situación vivida no ambulatorio monfortino foi un feito puntual que se viu agravado pola proliferación de casos de gripe e a propia crise económica, “que afecta a todos os sectores e dificulta a contratación de médicos substitutos”. A xerente de Atención Primaria manifestoulle ao alcalde a súa disposición para que disfuncións similares non volvan suceder, brindándose a manter un contacto permanente co rexedor para darlle resposta inmediata a idénticos problemas que puideran suceder no futuro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PSOE reflexiona sobre a posible implantación da zona azul en Monforte

Seguinte Nova

O PP de Monforte denuncia a falta de investimentos no polígono

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss