Os parques comarcais de bombeiros de Sarria e Chantada suman 129 intervencións no ano 2011

• O parque de bombeiros comarcal de Sarria rexistrou no 2011, nos seus 7 primeiros meses de funcionamento, un total de 78 alertas, das cales 47 (un 59%) foron incendios, 9 forestais e 36 en vivendas, locais, naves, vehículos e mobiliario urbano. Contabilizáronse 11 excarcelacións e 7 rescates de persoas. A media mensual de incidencias foi semellante ao longo do ano, aínda que destacan xullo, con 15, e agosto, con 11, mentres que a cabeceira da comarca, Sarria, foi o concello no que se atenderon máis sinistros, 43. Noutro dos novos parques do Consorcio Provincial, o de Chantada, ocupáronse de 51 sinistros. Deles, 37 (un 72%) foron incendios: 18 forestais e 19 doutra índole. Houbo 6 excarcelacións, 2 rescates de persoas e 2 fugas de auga ou gas. Os meses que concentraron un maior número de emerxencias foron os de xuño e outubro, con 10 cada un, e agosto, con 9. Chantada rexistrou a maior cantidade de sinistros, con 22, seguido de Monterroso, con 6.

No total de parques comarcais, o que rexistrou un maior número de incidencias durante o 2011 foi o de Vilalba, con 82; seguido dos de Barreiros e Sarria, con 78; e Viveiro e Chantada, con 51. Os 5 parques integrados atenderon durante o 2011 un total de 340 emerxencias, das que na súa gran maioría, un 65%, foron incendios. Segundo o informe de actuación dos complexos, dos 219 fogos nos que interviñeron os efectivos o pasado ano, 159 (o que supón o 70%) tiveron lugar principalmente en vivendas, locais e naves (87), vehículos (35) e contedores de lixo (27). Os restantes incendios (60) foron forestais.

O parque de bombeiros de Monforte precisa moitas melloras

• O orzamento do Consorcio Provincial de bombeiros contempla unha partida de máis de 500.000 euros para a mellora e adaptación das instalacións do parque municipal de Monforte. Adquiriranse 1 camión bul e outro lixeiro, quedando 4 vehículos preparados para cubrir emerxencias ó igual que nas restantes instalacións contraincendios. Tamén se mercará todo o material interior, dende mobiliario ou material informático ata traxes de protección ou ferramentas, dadas as necesidades detectadas polos técnicos da entidade. Tamén se procederá á selección do persoal.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Crónica del arranque de año del Club Lemos: EL LEMOS HACE SUS DEBERES

Seguinte Nova

Últimos investimentos do canon: Contratadas máis do 90% das obras nos concellos afectados polos encoros

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss