Rebaixas: a grande expectativa do comercio local

Resta mes e medio para obter valoracións e resultados reais sobre unhas rebaixas moi agardadas polos consumidores, pero que non pareceron ter un arranque moi diferente ao dos últimos anos no que se refire ao pequeno comercio local na zona sur de Lugo e Sarria; un arranque non demasiado intenso na alfluenza de compradores acorde cunhas datas marcadas pola crise. Sen embargo, estes primeiros días son valorados postivamente por algúns comerciantes si se comparan cun Nadal que moitos coinciden en calificar de “moi frouxo” para o comercio.

ÉXODO ÁS GRANDES SUPERFICIES

Textil e calzado son sempre a referencia nas rebaixas, e no caso de Monforte, segundo relata o encargado dun establecemento “non favoreceu nada o feito de que coincidise a sábado o primeiro día”, xa que puido ter incrementado a xa habitual estampida de moitos veciños ás grandes supercies comerciais das cidades, aproveitando a fin de semana. Esta gran eiva que sofre o comercio local, ao non poder competir nalgúns aspectos coas grandes áreas, tamén é sinalada polo presidente da asociación de comerciantes de Chantada, José Manuel Lage. O chantadino recoñece que se trata dun comportamento erróneo á hora de apoiar o desenvolvemento dos pequenos municipios que, como Chantada, os escasos postos de traballo que crean están precisamente en tres sectores fundamentais: o vitivinícola, o agrogandeiro e, quizáis o máis importante, o comercial. O mesmo ocorre en Monforte, se cabe aínda con máis peso comercial por tradición que a veciña Chantada, e onde algún comerciante admite que nalgunha cousa é difícil competir, pero que a oferta, que está nun punto aceptable, sería aínda moito maior no caso de que todos os consumidores apostasen un pouco máis por mercar na vila e apostasen pola calidade que ofrece o pequeno comercio. Dende o CCU de Monforte, algúns comerciantes trasladan que se están a manter as ventas de 2011 por estas mesmas datas, o que non representa un balance tan negativo, sobre todo despois dunha campaña de Nadal moito máis baixa que o pasado ano. O balance real chegará despois do peche das rebaixas de inverno.

Os comerciantes propoñen importantes descontos nesta tempada de rebaixas. EC

“REBAIXAS ANTICIPADAS”

Outro comportamento que se extendeu por varias cadeas comerciais e que tamén chegou a unha parte do comercio das nosas pequenas localidades é que a campaña empezou antes de tempo, con descontos que xa estaban presentes durante a semana de Reis. Este fenómeno estivo directamente relacionado coa crise, polo que moitos negocios, condicionados pola situación económica, arriscaronse a facer promocións previas, co risco de que os produtos promocionados non poden incluírse dentro das rebaixas posteriores, na teoría. Tal e como comenta algún comerciante, “as rebaixas son e foron sempre unha maneira de recuperar diñeiro, pero non son a panacea para os comerciantes”. Sen embargo, agárdase un ano frouxo en vendas tal e como case todos describen que foi o ano que deixamos atrás, polo que as semanas de rebaixas que quedan por diante se ven con certa esperanza.

CAMPAÑAS DE CHOQUE

Contra as malas previsións os colectivos de comerciantes agardan facer terapia de choque durante o ano con pequenas campañas de fomento do consumo, que funcionaron bastante ben este ano e que están encamiñadas a premiar directamente as compras a través de sorteos de agasallos e vales de compra.

15% DA FACTURACIÓN ANUAL

A Federación Galega de Comercio de Lugo estimou que as vendas do conxunto da provincia durante esta época poderían rondar unha facturación de 8,2 millóns de euros, o que suporía igualar as cifras acadadas no anterior exercicio. Sen embargo, dende a Federación recoñecen que a mala evolución das vendas de Nadal e os descontos que xa se aplicaron previamente xa facían prever que se trataría dunhas rebaixas “moderadas” e “sen as grandes avalanchas que se acadaban anos atrás”, apuntan. As rebaixas de inverno son, nembargantes, as máis importantes do ano, e representan aproximadamente o 15% da facturación anual no conxunto do sector. En canto aos descontos, a meirande parte dos comerciantes de textil e calzado optaron por aplicar descontos agresivos dende o inicio con fin de paliar a desaceleración continuada do consumo e reducir stocks. Sen embargo, notra parte do comercio local obsérvase un comportamento similar ao de cada ano, escomezando con descontos máis discretos coma o 30% para ir incrementándoos progresivamente.

MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS

Os consumidores deben estar atentos ademais ás obrigas básicas establecidas dende a publicación da Lei do Comercio interior de Galicia, como son a correcta etiquetación dos artigos co prezo anterior e posterior ou a porcentaxe de reducción.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Entrevista: Miguel Martínez, responsable da piscina e do ximnasio municipal de Monforte

Seguinte Nova

La Vuelta Ciclista a España volve a pasar por Sarria

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss