Cinco produtores participarán na Mostra do Aceite quirogués

A comisión organizadora da decimosegunda Mostra do Aceite de Quiroga, que se celebrará o vindeiro día 26 de febreiro, deu a coñecer os nomes dos cinco olivareiros que participarán nesta edición. Segundo informaron fontes municipais, a selección dos participantes fíxose por rigoroso orde de inscrición nas oficinas do Concello por rexistro de entrada, e tendo en conta o resultado aceptable do análise químico e organoléptico.

Unha parte da mostra do aceite que se celebra no lugar de bendilló en Quiroga é a demostración da elaboración tradicional do produto no muíño de Bendilló. Arquivo EC

PARTICIPANTES

Jesús Bao Mondelo, Inocencio Ogando García, José Manuel López Maseda, Guillermo Nogueira Veloso e Manuel Mondelo Rodríguez serán os cinco colleiteiros que poñan á venda o ouro líquido das olivareiras de quiroguesas. Para poder participar, estes colleiteiros tiveron que acreditar unha colleita mínima de 200 litros de aceite, aboar 100 euros de inscrición, ou ben facilitar a cantidade equivalente en aceite e achegar as mostras da súa produción para a súa análise. A comisión organizadora recollerá mostras ao azar destes aceites o día da feira para a súa cata.

DEFENSA DA MARCA “ACEITE DE QUIROGA”

Por outra banda, o Concello informaba estes días de que a Oficina Española de Patentes e Marcas (O.E.P.M.) ven de publicar no Boletín Oficial da Propiedade Industrial a denegación do expediente para a solicitude de creación da Marca Nacional “Marqués de Quiroga” que solicitou unha firma industrial para comercializar aceite de oliva. O Concello de Quiroga presentará as alegacións, que finalmente foron estimadas por ser similar este nome de marca á marca ‘Aceite de Quiroga’, da que é titular o propio concello. O goberno local considerou que estas similitudes de rexistro poderían orixinar erros e confusións nos consumidores, cos conseguintes prexuízos para a marca “Aceite de Quiroga”, da que é titular o Concello de Quiroga.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Certame de Cartas de Amor Vila de Quiroga chega á súa novena edición e xa comezan a recibirse as primeiras misivas

Seguinte Nova

Aposta pola mellora da calidade educativa

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

 
A %d blogueros les gusta esto: