Continúan as queixas sobre asistencia sanitaria en Monforte

A PLADESAPU reactivará as actividades dirixidas á cidadanía nunhas semanas

Integrantes da Plataforma Sanitaria en Defensa da Sanidade Pública da comarca de Lemos compareceron nos pasados días para denunciar que “a situación no hospital non mellorou, a dotación manténse, pero o ritmo de actividade non aumenta, máis ben diminuiu no que levamos de ano”, expuxo Maribel García, voceira do colectivo. Segundo as súas información, as listas de espera estánse a incrementar dunhamaneira moi importante, e as “promesas electorais” de realizar novas dotacións seguirían sen verse cumpridas, indicaron.

Representantes de PLADESAPU durante a súa intervención pública en Monforte.EC

DEFICIENCIAS

García lembrou o compromiso de arranxar a fachada cun investimento de 400.000 euros e a dotación dun novo mamógrafo como parte da listaxe de incumprimentos. Por outro lado, denunciaron a diminución da actividade cando algún empregado cursa baixa porque “se está a manter a platilla nos mínimos”, consideran.

LISTAS DE ESPERA

O caso das listas de espera das que estiman que pronto se trasladará unha estimación oficial, os casos máis preocupantes estarían, segundo indicaron dende a Plataforma, no caso das radiografías, probas de escáner preferentes, e en xeral no servizo de radioloxía, onde a espera superaría nestes momentos nun mes. Por outra banda, afirman a existencia dunhas listas de espera que califican de “escandalosas” en rehabilitacións preferentes no servizo de fisioterapia, “onde se chega a aconsellar a os pacientes que recurran á asistencia privada, xa que a plantilla existente está realmente desbordada”. O servizo de oftalmoloxía sería outro dos que están acumulando máis de mil volantes de consultas no seu caixón, “xa que os especialistas están ocupados coas operacións”.

MAMOGRAFÍAS

Os integrantes da plataforma alertaron por outra banda ás mulleres maiores de 50 anos para que estean pendentes das mamografías bianuais programadas, xa que “se está a chamar á xente moitos meses por riba deses prazos agora que se retiraron as unidades móbiles argumentando que estaban obsoletas”, sosteñen dende a Plataforma. Actualmente as probas para a detección precoz do cancro de mama realízanse no propio hospital.

2 ANOS DO COMPROMISO DO DECRETO

Maribel Sánchez aproveitou a comparecencia para lembrar que “en maio vai facer dous anos que se prometeu dende a Xunta que Monforte vería aprobado o decreto como área de xestión integrada”. Transcorrido ese periodo aínda non se executou ningún movemento nese senso, polo que a plataforma declarou a súa intención de “manter a presión social”. O colectivo está a preparar xa novas actividades e actos informativos para poner en marcha ao pasar o entroido, porque din “a crise é verdade, pero non xustifica a diminución da asistencia sanitaria”, manifestaron, e rexeitaron o modelo que xa se está a seguir noutras comunidades, que calificaron de “proxecto político” que temen se estea a extender a Galicia. De cara a emblemática data do 1 de maio, aniversario da masiva manifestación celebrada en Monforte en defensa do hospital, anuncian un acto do que aínda non se desvelaron detalles, pero polo que queremos que “chegue á administración a idea de que Monforte non pasa por outra cousa que non sexa o cumprimento da palabra do Presidente da Xunta”.

SOLIDARIDADE

A plataforma sanitaria solidarizouse coas reivindicacións en defensa do ensino público, que se trasladaron o pasado sábado a través dunha concentración impulsada polas ANPAS dos colexios de Monforte.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Feijóo destaca en Pantón o fomento da calidade no sector turístico e a aposta polos xeodestinos

Seguinte Nova

Sober achégase ao seu pasado fidalgo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: