Feijóo destaca en Pantón o fomento da calidade no sector turístico e a aposta polos xeodestinos

234 establecementos obteñen a Q de Calidade Turística en Galicia

Despois dunha visita oficial ao Concello de Pantón, na que estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo achegábase este martes ao Balneario de Augas Santas para facer entrega dos distintivos de calidade turística que se renovan este ano, contando con 234 establecementos co distintivo na nosa comunidade.

Entrega dos diplomas de Calidade Turística, celebrada en Pantón, coa presencia de Alberto Núñez Feijóo, Carmen Pardo, Raquel Arias e José Luis Álvarez, alcalde de Pantón.GPCMR.

APOSTA POLA CALIDADE TURÍSTICA

O presidente do Goberno galego, Alberto NúñezFeijóo, destacou a aposta da Xunta pola calidade como eixo da política turística reflectida nunha nova lei para o sector, no Plan de Acción do Turismo de Galicia, nos 14 xeodestinos, un deles a Ribeira Sacra, e nas axudas para acadar a certificación Q. Feijóo destacou a aposta por cambiar cantidade por calidade co impulso dunha nova lei para o sector, “que lle dera as maiores garantías e que regulara a calidade” Por outra banda salientou o Plan de Acción do Turismo de Galicia 2010-2013 e a delimitación dos 14 xeodestinos na comunidade e a apertura de liñas de investimento para que os establecementos que quixeran apostar pola calidade e pola certificación Q o puideran facer.

IMPORTANCIA DO SECTOR

Segundo o presidente autonómico, o turismo supón para Galicia case o 11% do PIB, máis de 100.000 empregos, o 11% da poboación activa da comunidade. E nunha conxuntura de crise tamén para este sector, o titular da Xunta falou de apostar pola calidade. Por segundo ano consecutivo, Galicia é a primeira comunidade que máis certificados Q de Calidade Turística ten conseguido, e Feijóo referiuse á laboura das máis de 100.000 persoas que traballan no sector turístico galego.

COIDAR O LIDERADO DE GALICIA NO SECTOR TURÍSTICO

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, resaltou que en Galicia hai un liderazgo no sector de Instalacións Náutico Deportivas, xa que o 50% das existentes en España están en Galicia, 6 de 12; por outra banda, destacou o Turismo Activo, tamén co 50% das empresas certificadas existentes no Estado asentadas na nosa comunidade (4 de 8). Asimesmo, tamén é Galicia a primeira comunidade española en establecementos rurais certificados, con 60 dos 216 existentes, o que significa un 27,7% do total. A maiores, no eido das certificacións Galicia tamén lidera o sector balneario, xa que é onde se sitúan 7 dos 38 balnearios certificados en España, un 18,4%. Do mesmo xeito, Galicia é a comunidade con maior número de aloxamentos turísticos certificados -hoteis, casa de turismo rural e acampamentos-. En total, 106 dos 771 de toda España están en Galicia.

PARTIDA PARA A CALIDADE TURÍSTICA

Segundo comentou a secretaria xeral, por primeira vez desde a Administración autonómica se promoveu unha orde específica en 2011 por valor de 300 mil euros, dirixida a establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis-talaso e balneario, balnearios, cafeterías, bares, restaurantes, pazos de congresos e empresas dedicadas ao turismo activo co obxecto de implementar as correspondentes normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de Calidade Turística do ICTE. A Xunta ten, xa que logo, unha orden específica dentro das axudas ao sector dirixida a implantar e renovar as certificacións Q de Calidade Turística.

APOIO INSTITUCIONAL

A secretaria xeral de Turismo comentou que “todos sabemos que o apoio institucional ao sistema de calidade é un dos investimentos máis rendibles porque incide na transformación cualitativa dos negocios turísticos; redunda na satisfacción dos clientes; e reverte na fidelización do destino”. E engadiu que “o traballo na mellora da calidade do destino turístico Galicia é un esforzo de todos e polo tanto é un logro que todos debemos compartir”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

“A Xunta sí inviste en Monforte”

Seguinte Nova

Continúan as queixas sobre asistencia sanitaria en Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: