Máis de 22.300 persoas beneficiáronse en 2011 dos servizos de orientación laboral na provincia

• A orde de accións de información, orientación e busca de emprego en 2012 conta cun financiamento de 7,4 millóns de euros para toda Galicia • Como novidade, a convocatoria esixe que as entidades locais garantan un mínimo de 500 persoas desempregadas, poidendo concurrir como mancomunidades de municipios

A partir do 1 de febreiro, e ata xaneiro de 2013 os concellos, universidades ou organizacións sen ánimo de lucro poderán solicitar as axudas e subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca do emprego que acaba de aprobar a Xunta de Galicia. A través da Consellería de Traballo e Benestar, o goberno autonómico investirá en toda Galicia un total de 7,4 millóns de euros, de xeito que as entidades beneficiarias destas axudas poderán chegar a habilitar a uns 240 técnicos de orientación, que se encargarán de prestar asesoramento e información aos desempregados.

Raquel Arias, delegada territorial da Xunta en Lugo, e Ana MªDíaz, directora xeral de Formación e Colocación, na presentación do plan de servizos de orientación para o 2012. GPX.

BALANCE DAS AXUDAS NO 2011

Durante a presentación deste plan de axudas, a directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, expuxo as novidades desta convocatoria, que xa permitiu o ano pasado na provincia lucense contratar a 50 orientadores profesionais, e máis de 22.300 persoas en toda a provincia foron os beneficiados por estes servizos de orientación. Estas axudas diríxense ás entidades como concellos, universidades ou organizacións sen ánimo de lucro que desenvolvan labores de información, orientación e busca de emprego mediante itinerarios personalizados de inserción ocupacional para mellorar as posibilidades de incorporación ao mercado laboral dos demandantes do Servizo Público de Emprego.

MÍNIMO DE 500 DESEMPREGADOS NO CONCELLO OU AGRUPACIÓN DE CONCELLOS

A directora xeral de Formación e Colocación destacou como novidade que, no referente ás entidades municipais, a convocatoria de reparto de axudas deste ano introduce un criterio de redistribución xeográfica, co obxectivo de que “os servizos de orientación se presten nas entidades locais que o precisan polo seu nivel de paro rexistrado para evitar que os demandantes teñan que desprazarse moitos quilómetros”, apuntou. Por iso, Díaz López sinalou que se está a esixir que as entidades garantan a existencia dun mínimo de persoas desempregadas do seu territorio, un total de 500, ou que se presenten baixo a figura das mancomunidades ou outras agrupacións de municipios. Neste senso, a responsable desta área autonómica incidiu “na necesidade de potenciar que os concellos mancomunen servizos”. Outra das novidades que se incluíron na convocatoria de subvencións de 2012 é a ampliación da definición das accións de información, orientación e busca de emprego a ámbitos como a prospección de empresa e asesoramento en procesos de recoñecemento da experiencia, na liña do que marca o Espazo Económico Europeo (EEE). A última das novidades refírese á introdución dun criterio de control e penalización na realización das accións subvencionadas.

OBXECTO DAS SUBVENCIÓNS

Os técnicos que se contraten a través destas axudas encargaranse, entre outras funcións, de elaborar diagnoses individualizadas sobre o perfil e necesidades dos desempregados; dar información sobre o mercado de traballo, e deseñar itinerarios individuais e personalizados de emprego. A subvención abrangue os custos de persoal das entidades colaboradoras externas que acheguen os recursos humanos, técnicos e materiais necesarios para levar a cabo as devanditas actuacións.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A filosofía da cooperación cos concellos en tempos de crise

Seguinte Nova

O porco celta promociónase en Sarria cun gran cocido

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
A %d blogueros les gusta esto: