O Certame de Cartas de Amor Vila de Quiroga chega á súa novena edición e xa comezan a recibirse as primeiras misivas

A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Quiroga ten xa en marcha o noveno Certame Cartas de Amor Vila de Quiroga, que se está a converter xa nun clásico do xénero. Neste certame poden participar todas as persoas que o desexen con tantas cartas de amor como queiran. As misivas poden estar escritas en galego ou castelán cunha extensión máxima de dous folios mecanografados por unha soa cara.

ENVIOS ATA O DÍA 14

Establecéronse dúas categorías: cartas locais e cartas non locais. Dentro das cartas non locais estarán aquelas remitidas por persoas que non están domiciliadas no Concello, algo que ven sendo moi habitual nos últimos anos. Por outro lado, están as categorías infantil, xuvenil, senior e dourada. Todos os premios consistirán nunha placa conmemorativa ademais dun agasallo. Os traballos poden enviarse por correo ou entregarse personalmente na Casa da Cultura antes do 14 de febreiro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga conta coa súa oficina de turismo virtual no centro da vila

Seguinte Nova

Cinco produtores participarán na Mostra do Aceite quirogués

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: