O concello de Quiroga abriu o prazo para realizar as inscripcións para a XXX Feira do Viño de Quiroga, que terá lugar os días 7 e 8 de abril. Os colleiteiros interesados en participar nesta edición deben dirixirse ao concello antes do día 3 de febreiro. Os requisitos necesarios para participar son, entre outros, ter unha cantidade mínima de 200 botellas de viño branco e de 250 de tinto para presentar na feira, e ter outra cantidade igual ou superior na adega; que a gradación alcohólica mínima esixida será de 12 graos para os viños brancos e de 11,5 para os tintos. A acidez volátil máxima permitida será de 0,5 gramos de acético por litro para o viño branco e de 0,6 para o tinto. Os colleiteiros seleccionados deberán aboar cen euros para participar.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a directora xeral de
O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra busca proxectos innovadores para desenvolver o medio rural
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou a pasada semana nunha
Segundo un estudo de KPMG, durante 2023 o Centro de Competencias Dixitais (CCD) de Monforte de
O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, vén de confirmar que a liquidación do exercicio de 2022,