Quiroga conta coa súa oficina de turismo virtual no centro da vila

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra instalaba nos pasados días a meirande parte dos puntos de información multimedia nos concellos da zona

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra instalou nos pasados días 17 dos 20 Puntos de Información Multimedia nos concellos da zona. Quedarían pendentes da correspondente autorización da Dirección Xeral de Patrimonio os de Chantada, Portomarín e Xunqueira de Espadañedo, posto que a localización prevista para os mesmos estaría afectada.

INFORMACIÓN 24 HORAS TODO O ANO EN TRES IDIOMAS

Nos últimos días, o sistema atopábase en fase de probas e programando os dispositivos para o seu bo funcionamento, ao tempo que se carga a aplicación que rexerá este sistema, que dará información ao turista a calquera hora e en calquera época do ano. A aplicación permitirá visualizar e interactuar na pantalla coa información turística do concello no que nos atopemos en cada momento, tendo acceso tamén a calquera dos outros concellos da rede de oficinas. O usuario poderá facer as súas consultas en galego, castelán ou inglés polo momento, aínda que dende o Consorcio xa informaron de que están a traballar nas traduccións ao alemán, francés e portugués. En Quiroga, este sistema virtual, que conta cunha pantalla táctil, está instalado diante da Casa de Cultura, xunto á oficina de turismo. Este equipo, construído con materiais antivandalismo e que ten un pequeno tellado para protexer os paneis das inclemencias climáticas, en especial dos raios solares nos momentos de maior incidencia.

COMPLETA INFORMACIÓN TURÍSTICA DE TODA A RIBEIRA SACRA

A través desta oficina virtual, os visitantes poden obter todo tipo de datos sobre os puntos de interese turístico marcados na pantalla e a forma de chegar a eles desde os lugares de información. Tamén poderán consultar horarios, números de teléfonos e prezos de museos, rutas de catamarán e demais oferta turística. Respecto da información que ofrece este equipo, o Consorcio de Turismo solicitou antes da súa instalación aos concellos que forman parte desta entidade unha relación da oferta que querían ofrecer aos visitantes, datos que se terían introducido nesta aplicación.

POSIBILIDADE DE DESCARGAS DE RUTAS E MAPAS

Os turistas que utilicen este medio tamén terán a posibilidade de descargar rutas e mapas a través de diferentes sistemas inalámbricos para teléfonos, navegadores ou outros soportes multimedia. A posta en marcha destas oficinas virtuais levouse a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Turismo. O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o representante do Concello no Consorcio Turístico, José Luis Ribera, comprobaron xa as posibilidades que ofrece esta oficina virtual, xa que cobre as necesidades de información turística en horarios nos que a oficina de turismo está pechada.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga comeza a organizar a Feira do Viño

Seguinte Nova

O Certame de Cartas de Amor Vila de Quiroga chega á súa novena edición e xa comezan a recibirse as primeiras misivas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: