130 aspirantes superaron as probas teóricas para traballar de bombeiros en Monforte

A incorporación do parque de bombeiros de Monforte ao Consorcio Provincial de Bombeiros farase efectiva finalmente antes do verán. Con este obxectivo, máis de 300 persoas iniciaron o pasado 9 de febrerio as probas de selección de persoal para a cobertura de 19 prazas no complexo que deixará de ser de titularidade municipal para dar servizo a toda a comarca de Lemos, tal e como o están a facer xa os parques de Chantada e Sarria. Os aspirantes concentráronse no Pazo de Feiras e Congresos da capital luguesa onde realizaron os exames teóricos. Superaron as probas 130 persoas que este mércores e xoves 15 e 16 de febreiro están realizar a segunda fase do prceso selectivo.

Os aspirantes realizaron as primeiras probas teóricas a pasada semana no Pazo de Feiras e Congresos da capital provincial. GPDL

PROBAS FÍSICAS

O 50% dos presentados xa comezaron as probas físicas. O mércores 15, os aspirantes ós 19 novos postos de traballo que oferta o Consorcio Provincial de Bombeiros, concentráronse no Pavillón Universitario de Lugo e nas pistas de atletismo Gregorio Pérez, tamén na capital luguesa, para realizar as probas de gabeo por corda, press de banca e carreira de 100 metros lisos. Este xoves pola mañá terá lugar, unha vez máis nas pistas de atletismo da cidade luguesa, a carreira de 1.500 metros, mentres que a de 50 metros de natación celebrarase na piscina municipal das Pedreiras. Xa pola tarde, aqueles participantes que superasen a totalidade das probas físicas deberán enfrontarse ó test de toponimia, consistente en 30 preguntas sobre o ámbito xeográfico-poboacional de Lugo. Os resultados desta última proba publicaranse posteriormente en www.natutecnia.com, a páxina web da empresa adxudicataria da xestión indirecta dos parques que dispón o Consorcio na zona sur, a UTE Hasa-Natutecnia. O proceso de selección rematará o 23 de febreiro coas entrevistas en galego e a proba de condución nas instalacións do parque de bombeiros de Chantada.

EMPREGOS

Cos 19 novos profesionais que resulten seleccionados, serán un total de 120 os postos de traballo creados polo Consorcio Provincial de Bombeiros para prestar cobertura contraincendios na provincia. Os parques da zona sur de Lugo -Monforte, Sarria e Chantada- contan cada con 19 efectivos en cada caso, mentres que os da zona norte -Barreiros, Vilalba e Viveiro- teñen 21, respectivamente. Esta diferencia de profesionais débese ás melloras presentadas polas empresas adxudicatarias da xestión dos complexos.

COBERTURA PARA 25 MUNICIPIOS DO SUR DE LUGO

A posta en marcha deste consorcio, un proceso demandado polos veciños e tamén polos propios concellos dende hai moitos anos, responde a unha desprotección contra incendios e emerxencias que experimentaban ata agora moitos pequenos municipios. O Consorcio garante, deste xeito, a cobertura contrainendios no 90% de Lugo as 24 horas dos 365 días ó ano. No norte lugués, as instalacións de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenden 25 Concellos e no sur, as de Chantada, Sarria e Monforte prestan servizo noutros 25 municipios. De calquera xeito, as actuacións destes profesionais non se limita ós Concellos de cobertura prioritaria, senón que tamén teñen lugar fóra dos límites dos mesmos, tanto a nivel comarcal e provincial, como autonómico no caso de que sexa necesario.

INTEGRACIÓN DE MONFORTE, INCREMENTO DE PERSOAL E MELLORA DE INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO

A selección de persoal é outro paso de cara á incorporación das instalacións monfortinas ao Consorcio. No Orzamento para 2012 do Consorcio porvincial de Bombeiros resérvase a partida necesaria para esta integración, máis de 500.000 euros que, ademais do reforzo do cadro de persoal, leva consigo a mellora e adaptación das dependencias e o equipamento co fin de que o parque teña as mesmas características cos outros 5 do Consorcio Está previsto adquirir 1 camión bul e outro lixeiro, quedando 4 vehículos preparados para cubrir emerxencias ó igual que nas restantes instalacións contraincendios. Tamén se mercará todo o material interior necesario, é dicir, dende mobiliario ou material informático ata traxes de protección ou ferramentas. Este investimento nas instalacións monfortinas respostan ás necesidades detectadas polos técnicos na súa visita a este complexo. Monforte terá por fin o servizzo non sen ter pasado antes por certas polémicas como a que suscitou o debate sobre a incorporación dos antigos traballadores municipais do parque á nova infraestrutura e por outra banda o sistema de xestión “ indirecta” a través dunha empresa, o que foi visto dende moitas frontes coma unha privatización en toda regla para un servizo de carácter público. O caso dos traballadores que ata o de agora viñeron desempeñando a súa laboura como bombeiros do parque das Lamas, resólvese coa súa incorporación a un corpo especial de seguridade dependente da administración local. Durante o mes de xaneiro, o parque de bombeiros de Chantada atendeu 3 incendios en vivendas en Chantada; 1 rescate de persoas no mesmo concello; 1 incendio en mobiliario urbano en Carballedo e 1 escape de gas en Pantón. En Sarria leváronse a cabo 9 intervencións: 6 incendios en vivendas (5 en Sarria en 1 en Baralla); e 1 rescate de persoas e 1 incendio nun contedor na vila de Sarria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Na escola como na casa: a comunidade educativa de San Clodio une esforzos

Seguinte Nova

Nuevo éxito para el Motoclub Marcha Atrás de Monforte

Últimas noticias sobre PORTADA

     
A %d blogueros les gusta esto: