A OMIC de Monforte recibiu 554 consultas sobre servizos de telefonía

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de Monforte, dependente da concellería de servizos municipais que dirixe José Luis Rodríguez Rivera, atendeu a un total de 3.720 persoas no ano 2011. Os veciños realizaron consultas, reclamaron os servizos de mediación, ou tramitaron denuncias ante o Instituto Galego de Consumo. Entre as consultas efectuadas na OMIC, destacan polo seu número e no que se refire ós servizos, as relativas a empresas de gas (140), electricidade (182), telefonía fixa (271), telefonía móbil (283), e reparación de automóbiles (161). Tamén se atenderon consultas sobre transportes, servizos postais, banca, seguros, alugueres de vivendas, ou axencias de viaxes, entre outras.

Un dos papeis fundamentais da Oficina Municipal de Consumo é a mediación entre os consumidores e as empresas que prestan servizos ou venden produtos, coa finalidade de que vendedor e consumidor cheguen a un acordo entre as dúas partes, evitando presentar denuncias en instancias superiores. Neste apartado, a OMIC, situada nas Casitas da Compañía, resolveu favorablemente coa súa mediación un total de 908 casos nos que consumidor e vendedor non chegaban a un acordo. A maioría destes casos afectaron á prestación de servizos, 653, sendo os referentes a telefonía fixa (101) e á telefonía móbil (142) os máis numerosos. En canto á venda de produtos, a OMIC mediou con resultado positivo en 255 casos, sendo os maioritarios os relativos á compra de roupa.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Demandan solución para evitar accidentes na zona das Lamas de Monforte

Seguinte Nova

Febreiro, mes do cocido no sur de Lugo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: