Maior recoñecemento á muller rural

A Xunta está a impulsar unha reforma normativa que procura un maior recoñecemento das mulleres no rural galego, e con esta finalidade a Consellería do Medio Rural e do Mar tramita un Decreto que regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. Esta norma que tramita a Xunta fomenta a igualdade real e efectiva das mulleres no medio rural, a través do recoñecemento xurídico e económico da súa participación na actividade agraria, procurando, en definitiva, que se faga visible o traballo da muller no rural.

De acordo co último Censo Agrario, en Galicia as mulleres están á fronte do 58% das explotacións agrarias, sendo esta porcentaxe superior ao do resto de España. Con esta reforma legal, as mulleres do rural galego terán un papel máis activo na consideración do seu traballo, e gozarán ademais de vantaxes fiscais, de seguridade social e de acceso a axudas, no caso de constituír unha explotación agraria en réxime de titularidade compartida, sempre que dos seus membros un sexa muller. O Decreto, que está en fase de tramitación, regulará o procedemento de inscrición de ditas explotacións de titularidade compartida.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Enduro en Brollón

Seguinte Nova

As obras no CEIP Frei Luis de Granada estarán rematadas no verán

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
A %d blogueros les gusta esto: