A exaltación da única raza porcina orixinaria de Galicia congregou a autoridades e público en Sarria

Un programa radiofónico especializado en turismo promocionou o IV Cocido do Porco Celta dende esta vila para toda España

A cuarta edición do Cocido do Porco Celta da comarca de Sarria congregou o pasado 5 de febreiro a numeroso público e autoridades, que coincidiron na exaltación desta raza, única orixinaria de Galicia, e na importancia de apoiar e promocionar esta produción agropecuaria. Nesta liña, a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou durante a súa intervención na apertura da xornada festiva que o porco celta é “a quintaesencia da nosa terra” e, durante moito tempo, foi “o motor da economía do fogar” que de maneira corrixida e aumentada, “representa na industria un referente de potencialidade económica”. Quintana gabou o labor de hostaleiros, administración, asociacións e xornalistas ao conseguir espallar este produto “tan noso” e que acade así o seu “merecido recoñecemento”.

Rosa Quintana, conselleira de Medio Rural e do Mar, asistiu á celebración do IV Cocido do Porco Celta de Sarria. GPMRM.

RECUPERACIÓN DAS ESPECIES PROPIAS

A titular de Medio Rural e do Mar lembrou o traballo do seu departamento na recuperación e conservación de razas autóctonas galegas a trave´s do Programa de Recuperación, Conservación e Fomento dos Recursos Zooxenéticos Autóctonos de Galicia en Perigo de Extinción, en marcha dende o 2009, ou o decreto polo que se desenvolven as normas básicas de ordenación das explotacións porcinas extensivas e se crea o Rexistro Galego de Explotacións de Gando Porcino Extensivo. Asimesmo, a consellería do Medio Rural e do Mar colabora coa Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) para a execución de diferentes actividades de recuperación, conservación e fomento desta raz.

Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación, foi un dos convidados ao programa “Gente Viajera”, de Onda Cero, que se realizou dende Sarria con motivo do IV Cocido do Porco Celta. GPD.

RECOÑECEMENTO E ÉXITO COMERCIAL DOS NOSOS PRODUTOS

O pregón inaugural deste evento estivo a cargo da xornalista Esther Eiros, directora do programa “Gente Viajera”, de Onda Cero radio, que se realizou dende Sarria con motivo desta festa do Cocido do Porco Celta. Xunto coa titular de Medio Rural e o alcalde da localidade, José Antonio García, participou na inauguración do evento Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, quen amosou a súa “satisfacción polo éxito da organización” desta xornada festiva, e salientou a “importancia de pular polo recoñecemento e o éxito comercial dos nosos produtos autóctonos”. Asimesmo, Outeiro destacou que este éxito redunda nun aproveitamento de sinerxías, actuando tamén a gastronomía como un reclamo na orde turística.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Escola infantil de Pantón: Aprender do contorno rural

Seguinte Nova

Presentadas as bases do programa “Musiqueando pola provincia de Lugo”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: