A segunda edición do Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior tramitou xa máis de 600 solicitudes

Este iniciativa do Inega permitirá xerar un investimento asociado de 2 millóns de euros

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dependente da Consellería de Economía e Industria, ven de poñer en marcha a segunda edición do Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior. O obxectivo deste Plan busca axudar á instalación de iluminación enerxéticamente eficiente en preto de 250 edificios e vivendas. Os responsables desta iniciativa valoran positivamente a acollida deste Plan Renove, xa que dende a apertura de ventas o pasado 1 de febreiro, lévanse tramitado xa máis de 600 solicitudes, executándose xa 160.000 euros do presuposto asignado.

O director do Inega, Eliseo Diéguez García, durante a presentación do Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior. GPI.

IMPACTO ECONÓMICO E MEDIOAMBIENTAL

A estratexia de aforro enerxético na que ven traballando a Consellería de Economía e Industria a través do Inega ten unha dobre finalidade económica e medioambiental. Con este obxectivo, a segunda edición deste Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior pretende acadar un aforro de enerxía primaria eléctrica estimada en 1,9 millóns de kWh/ano, e evitar a emisión de 300 toneladas de CO2 á atmósfera.

490.000 EUROS DE INVERSIÓN NESTA SEGUNDA EDICIÓN DO PLAN

Durante a presentación deste Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, o director do Inega, Eliseo Diéguez García, explicou que esta iniciativa conta cun orzamento de 490.000 euros, que subvencionará ata o 25% do custo de substitución de equipos de iluminación por outros máis eficientes enerxéticamente, para reducir así o consumo de enerxía nas edificacións. Diéguez García afirmou ademáis que este Plan permitirá xerar un investimento asociado de 2 millóns de euros. En canto ás características dos equipos de iluminación acollidos a este Plan, serán obxecto de subvención a substitución de lámpadas e luminarias convencionais por outras máis eficientes, e tamén o troque de balastos (parte interior do equipo de iluminación) de convencionais a electrónicos. Asimesmo, este Plan Renove tamén contempla o fomento de instalacións de sistemas de regulación a través de fotocélula e de detectores de presenza.

INVESTIMENTO MÍNIMO, E TRAMOS DE SUBVENCIÓN

Segundo explicou o director do Inega durante a presentación do Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, a contía da subvención variará en función do tipo de equipo que se substitúa. Non obstante, a axuda cubrirá ata un 25% do custo da nova instalación, esixíndose un investimento mínimo de 500 euros. En canto aos tramos de subvención, os límites máximos serán de 1.500 euros no caso dos pisos, 10.000 euros en bloques de vivendas, e 25.000 euros en edificios vinculados ao sector terciario.

ESIXENCIA DUNHA REDUCIÓN DO 30% DO CONSUMO DE ENERXÍA ANUAL GARANTINDO ADECUADA ILUMINACIÓN

As bases deste Plan Renove esixen como requisito que as actuacións deben levar asociada unha diminución anual de, ao menos, un 30% do consumo de enerxía convencional, garantindo un confort lumínico adecuado á tarefa a realizar segundo a funcionalidade do espazo no que se instale o equipo de iluminación.

BENEFICIARIOS

Según indican as bases da convocatoria, poderán beneficiarse do Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios do sector terciario sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. As actuacións se tramitarán a través dos establecementos adheridos a este Plan Renove, que poderán realizar a solicitude de fondos mediante a aplicación informática que se indica na páxina web do Inega.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A ONCE premia á Área de Cultura provincial polo seu traballo a prol da accesibilidade

Seguinte Nova

Novidades no Camiño Francés

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: