A viaxe de irmandade Sarria-Guerlèdan terá lugar en agosto

A asociación Irmandade Sarria-Guerlèdan ven de organizar unha viaxe á localidade francesa de Mûr de Bretaña para cumplir coa visita que o ano pasado realizou un grupo de franceses en virtude do irmandamento vixente entre as dúas cidades dende hai 14 anos. Nesta ocasión, será un grupo de máis de 20 persoas (a organización leva rexistradas 22 confirmacións para esta viaxe) as que visitarán esta localidade atlántica francesa entre os días 2 e 8 de agosto.

Segundo explicou Elvira Vila, presidenta da asociación Irmandade Sarria-Guerlèdan, está previsto que o punto de saída sexa o hotel Alfonso IX, “dada a colaboración e a boa disposición que sempre manifestou con esta asociación” en torno ás tres da tarde, co fin de partir cara Xixón en autobús. Nesta cidade asturiana a expedición ao completo embarcará no ferry sobre as sete da tarde cara Saint-Nazaire, na costa atlántica francesa. A idea de viaxar en ferry emula o itinerario do grupo francés que visitou Sarria o pasado verán; segundo explicou Elvira Vila, “pareceunos boa idea, xa que resulta máis económico que ir por estrada ata Bretaña, facendo noite sen avanzar”. A viaxe de 15 horas de travesía permitirá á expedición sarriana descansar nos camarotes do ferry ao tempo que avanzan na viaxe. Unha vez chegados a Saint-Nazaire, o grupo sarrián percorrerá os 120 kms que hai dende esta localidade ata Mûr, onde permanecerán ata o 8 de agosto en réxime de acollida por familias da zona.

A presidenta da asociación Irmandade Sarria-Guerlèdan explicou que está programada unha ampla axenda de actividades en terras francesas. Así, por petición dos participantes, o grupo realizará unha visita ao Mont Saint-Michel, cita obrigada da costa atlántica. Por outra banda, a viaxe incorpora un programa medioambiental coa visita a unha Reserva da Biosfera, e que se repetirá na próxima viaxe dos franceses a Sarria. A expedición asistirá ademais a diversos espectáculos e festivais locais, co atractivo de coincidir en datas coa celebración do Festival de Lorient, unha cita clásica da música folk. Os visitantes, ademais, estarán permanentemente acompañados polas súas familias de acollida.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novidades no Camiño Francés

Seguinte Nova

O Saviñao, sen enfermeiros

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: