Entroido Ribeirao: A festa dentro e fóra da aldea

Unha das manifestacións ancestrais máis singulares do carnaval en Galicia, o entroido ribeirao, pervive hoxe nas parroquias de Santiago de Arriba e Nogueira, en Chantada. Volantes, Mecos e Peliqueiros ou maragatos saíron xa por estas dúas aldeas nos domingos Lambedoiro e Corredoiro e preparan xa o domingo de Entroido.

Representación do entroido en Santiago de Arriba. EC

PROMOCIÓN DENTRO E FÓRA DA NOSA COMUNIDADE

No caso dos de Santiago de Arriba continúan a levar a súa particular festa pagá alén das súas fronteiras, e este ano tocou viaxar a Potes, Cantabria, onde se deron a coñecer e entraron en contacto con outra manifestación patrimonial do carnaval que os veciños están a recuperar nesta localidade cántabra. A figura dos vistosos volantes propios das ribeiras chantadinas, a improvisación, a representación dos oficios e o afán de involucrar ao público acadando unha empatía cos espectadores foi o que máis chamou a atención dos anfitrións de Potes arredor do entroido ribeirao. José Carlos González, da Asociación do Entroido Ribeirao, destacou a experiencia da visita no obxectivo de espallar este entroido, que xa entrara en contacto con outros coma o de Salcedo os dous últimos anos. González, quen salienta que o entroido ribeirao é cada vez un pouco máis coñecido fóra da comarca, recoñece o traballo feito nos últimos anos, dende que o entroido escomezou a saír das aldeas de Santiago e Nogueira. “Hai moito que traballar aínda para que se chegue a valorar o que é realmente”, comenta, apuntando que o traballo feito pola asociación de Santiago vai na boa liña.

Un volante sen pucho no entroido da parroquia de Nogueira. Arquivo EC

AXUDAS DAS ADMINISTRACIÓNS

A colaboración institucional valórase de distinta maneira segundo o lugar de onde proceda. A asociación Amigos do Entroido Ribeirao critica a falta de colaboración económica e promocional da Xunta, mentres que agradece o apoio da Deputación e o Concello de Chantada na medida das súas posibilidades, ao igual que a asociación Carnaval de Nogueira, que conta este ano cunha humilde dotación por parte do Concello de Chantada, ademáis do recaudado a través de rifas e sorteos. O arranxo e adquisición das “campanillas” e a reparación dos coloristas atuendos dos volantes alomenos cada dous anos son os principais investimentos no que se refire ao atrezzo, pero o maior capital no entroido ribeirao segue a ser o humano, sen o cal sí que non sería posible ter mantido esta tradición que escomezou a saír destas aldeas hai relativamente pouco tempo. A pesares de que hai un tempo que o entroido de Nogueira e Santiago non camiñan xa da man, estas datas seguen a ser moi especiais nas dúas localidades. Dende Nogueira, José Rodríguez, integrante do colectivo que promove este ano o entroido, destaca a importancia da xuntanza vecinal, que se materializa tamén nos xantares populares que son comúns a estas dúas localidades. O mesmo que a apertura aos visitantes e veciños da comarca que desexen participar. O Entroido Ribeirao nos seus inicios celebrábase en case todas as parroquias da ribeira chantadina: San Pedro de Líncora, Camporramiro, Santiago de Arriba, Sariña, Nogueira ou Vilauxe. Entre elas establecíase unha auténtica rivalidade para conseguir ser a parroquia que mellor os facía.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Prolífico Xoves de Compadres en Monforte: a crise agudiza a creatividade

Seguinte Nova

Estar en Internet para buscar traballo e potenciar a nosa empresa

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss