Novidades no Camiño Francés

Trala delimitación oficial do Camiño Francés, Repsol e Xacobeo firman un convenio para a plantación de árbores autóctonas en varios tramos deste trazado

A xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero Salas, o vicepresidente da fundación Repsol, César Gallo Erena e mais o director do Complexo Repsol Petróleo S.A. na Coruña, Luís Llamas Gómez asinaron no concello de Portomarín, na presenza do seu alcalde, Juan Carlos Serrano López, un convenio de colaboración para a plantación de árbores autóctonas nos Camiños Francés e Portugués. A continuación da firma, traballadores voluntarios desta empresa trasladáronse á zona sinalada e procederon á plantación, principalmente de loureiros, nun tramo duns tres quilómetros do Camiño Francés.

Un momento da plantacións de especies autóctonas no Camiño de Santiago. GPMRM

Este convenio inxírese dentro da estratexia de S.A. de Xestión do Plan Xacobeo de involucrar a empresas privadas na divulgación, conservación e mantemento dos Camiños de Santiago. Para elo, dende o ente xestor véñense celebrando dende marzo do pasado ano conversas coas empresas que patrocinaron o Xacobeo 2010. Despois deste acordo con Repsol, trabállase para que culminen as negociacións establecidas con diversas empresas para o patrocinio doutras actuacións, tales como, por exemplo, a mellora na sinalización.

Acto de firma do convenio no concello de Portomarín. GPMRM.

O obxecto destas plantacións de árbores autóctonas é formar pantallas vexetais de xeito que palíen o impacto visual das estradas próximas aos Camiños, ao tempo que serven de protección aos peregrinos. Asimesmo, a Xunta de Galicia aprobou a delimitación oficial do Camiño Francés que establece o trazado da principal ruta xacobea e o seu ámbito de protección. Esta delimitación define un ámbito secundario de influencia merecedor dunha protección medioambiental adicional e a posta en valor da súa paisaxe. A aprobación da delimitación oficial posibilita iniciar a formulación do Plan Especial do Camiño Francés e a súa inscrición no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A segunda edición do Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior tramitou xa máis de 600 solicitudes

Seguinte Nova

A viaxe de irmandade Sarria-Guerlèdan terá lugar en agosto

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: