A Asociación Veciñal do Saviñao denunciaba esta semana, despois da polémica polo peche da consulta dun médico, unha nova mostra de “precariedade sanitaria” neste municipio. O colectivo traslada a queixa de importantes deficiencias no servizo de enfermería do centro de saúde de Escairón, xa que dous dos tres enfermeiros cos que conta están de baixa de longa duración, co que na data deste martes tan só había un enfermeiro para atender os 3 cupos médicos da zona de Escairón -unhas 3.300 tarxetas sanitarias- toda a semana. Despois de ter reclamado enviouse a un enfermeiro máis, pero tan só para os días nos que se fan análises, e posteriormente a un enfermeiro substituto tres días á semana, o que non sería suficiente, “xa que un só enfermeiro ten que atender os domicilios dos 3, quedando o ambulatorio desprotexido a meirande parte do tempo”.
Pois parece que a tomaron co Saviñao. e logo dín que non recortan nos servizos públicos . A sociedade terá que defenderse con uñas e dentes da apisonadora tecnócrata e das medidas antisociales . Unión é a formula , xa non sei como non se poñen dacordo todos os sindicatos europeos paar facer forza común , terá que ser a poboación quen se movilize .