O Saviñao, sen enfermeiros

A Asociación Veciñal do Saviñao denunciaba esta semana, despois da polémica polo peche da consulta dun médico, unha nova mostra de “precariedade sanitaria” neste municipio. O colectivo traslada a queixa de importantes deficiencias no servizo de enfermería do centro de saúde de Escairón, xa que dous dos tres enfermeiros cos que conta están de baixa de longa duración, co que na data deste martes tan só había un enfermeiro para atender os 3 cupos médicos da zona de Escairón -unhas 3.300 tarxetas sanitarias- toda a semana. Despois de ter reclamado enviouse a un enfermeiro máis, pero tan só para os días nos que se fan análises, e posteriormente a un enfermeiro substituto tres días á semana, o que non sería suficiente, “xa que un só enfermeiro ten que atender os domicilios dos 3, quedando o ambulatorio desprotexido a meirande parte do tempo”.

1 Comment

  1. Pois parece que a tomaron co Saviñao. e logo dín que non recortan nos servizos públicos . A sociedade terá que defenderse con uñas e dentes da apisonadora tecnócrata e das medidas antisociales . Unión é a formula , xa non sei como non se poñen dacordo todos os sindicatos europeos paar facer forza común , terá que ser a poboación quen se movilize .

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A viaxe de irmandade Sarria-Guerlèdan terá lugar en agosto

Seguinte Nova

El PP monfortino critica una vez más la gestión del gobierno local porque renunciará a ayudas que no cubran el 100% de los proyectos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: