Presentadas as bases do programa “Musiqueando pola provincia de Lugo”

Está centrado en actuacións de grupos tradicionais, bandas e corais

Mario Outeiro presentou as bases da convocatoria do programa Musiqueando pola Provincia de Lugo, dirixido a bandas, corais e grupos de música tradicional, para o que a Área de Cultura destinará 100.000 euros en 2012. Este ano é a primeira vez que se fai unha normativa explícita, debido, en parte, a que nesta ocasión o programa non contará coa aportación de Nova Caixa Galicia Banco e establécese unha normativa de uso ao incluír unha porcentaxe pagada polo solicitante.

A novidade deste ano reside no copago das actuacións, polo que a Área de Cultura se responsabiliza do 80% do orzamento das actuacións, e as asociacións solicitantes terán que asumir o 20%. Deste xeito, as bandas percibirán 1.000 euros por actuación, de maneira que a Área de Cultura aportará 800 euros e a asociación solicitante 200 euros; e as corais e grupos tradicionais percibirán 500 euros por actuación, 400 da Área de Cultura e 100 da asociación que os contrata. Os principais obxectivos deste programa son contribuír na difusión de música tradicional de bandas, corais e grupos de música tradicional, así como axudar a concellos e asociacións á hora de elaborar as súas programacións.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A exaltación da única raza porcina orixinaria de Galicia congregou a autoridades e público en Sarria

Seguinte Nova

A ONCE premia á Área de Cultura provincial polo seu traballo a prol da accesibilidade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss