Prolífico Xoves de Compadres en Monforte: a crise agudiza a creatividade

Un total de 11 barrios e 8 centros de ensino participaron o pasado xoves nun arranque de entroido que parece anunciar un bo nivel de participación nos festexos. Os veciños non parecen renunciar a dar cumprimento ás tradicións do entroido na nosa zona, poñendo de manifesto o carácter lúdico, satírico e crítico desta festa nun ano de dificultades económicas e sociais. O inxenio dos veciños quedou patente nas temáticas dos compadres, que incluíron asuntos coma o caso Urdangarín e mesmo reivindicacións tan locais como as eternas promesas incumpridas e a decadencia do ferrocarril na cidade. Por outro lado, tamén tiveron presenza as representacións de oficios tradicionais, como o da poda na parroquia de Distriz.

Os veciños da rúa San Pedro e traballadores de Panadería La Luna realizaron unha das composicións máis humorísticas do xoves de compadres, facendo unha alegoría e crítica da situación do ferrocarril nunha cidade que agarda a chegada do AVE, mentres que estrana aquelas datas nas que o ferrocarril a colmaba de vida. EC
Os veciños de Rioseco representaron a Lareira. EC
Escolares fixeron sátira do caso Urdangarín. EC
Representación da poda en Distriz. EC
Escolares monfortinos lembran o aniversario de Playmóbil. EC

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello media entre Cáritas e o sector privado para axudar a familias ante a crise

Seguinte Nova

Entroido Ribeirao: A festa dentro e fóra da aldea

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: