A Xunta leva investidos 800.000 euros en dotacións rurais na comarca de Chantada

Recentemente, quedaron rematadas as tarefas de mellora que se acometeron en camiños do núcleo chantadino de Esmoriz e noutros do mesmo municipio, grazas ao investimento da Consellería de Medio Rural e do Mar, que ven de investir 52.346 euros nesta actuación. Neste sentido, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, lembrou que a Xunta, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar, leva investidos “máis de 800.000 euros na mellora de dotacións rurais na comarca de Chantada” dende o ano 2009 a través de distintos plans.

SERVIZOS BÁSICOS PARA OS VECIÑOS NO RURAL

Segundo declarou Raquel Arias, o obxectivo destas acutacións busca “dinamizar as áreas rurais e desenvolver todo o seu potencial, para incrementar así a calidade de vida da poboación”. Arias detallou que o propósito destas actuacións céntranse en proporcionar aos veciños do rural servizos básicos, como o abastecemento de auga, saneamento, mellora de camiños agrícolas e pistas rurais, alumeado ou mellora dos regadíos.

“DISCRIMINACIÓN POSITIVA” PARA REEQUILIBRAR OS TERRITORIOS

No caso da comarca chantadina, ademais das obras referidas, o departamento autonómico investiu tamén noutras actuacións que melloraron os servizos existentes en núcleos rurais de Carballedo, Taboada e Chantada. En total, nestas actuacións investíronse preto de 250.000 euros. A delegada territorial subliñou que a Xunta, a pesar da actual situación de contracción económica, “está a incidir neste tipo de actuacións que serven para reequilibrar as dotacións e servizos entre os distintos territorios e que, en definitiva, repercuten nunha discriminación positiva para a Galicia interior”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Cooperativismo e gastronomía, a estudio en Sober

Seguinte Nova

A 1ª Copa Deputación de Lugo de Fútbol Base disputarase en xuño entre Lugo, Viveiro e Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss