A Xunta remata as obras de repoboación forestal en Monforte e Brollón

A Consellería do Medio Rural e do Mar ten ultimadas as obras de repoboación forestal que durante os últimos meses promoveu nos concellos de Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón. A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, subliñou que estes traballos, que engloban a preto de 52 hectáreas de monte mediante tres proxectos de repoboación, contan cun orzamento de máis de 100.000 euros. Arias destacou que o Executivo galego destina 116.721 euros a estes traballos, que afectan a un espazo total de 51,9 hectáreas de áreas forestais destes dous municipios.

A delegada territorial indicou que “o fin último do programa de ordenación de explotacións forestais é crear riqueza, non só porque incrementan a calidade e o valor da madeira que se produce, senón tamén porque activan o mantemento de arredor de 25 postos de traballo a través de distintas empresas vencelladas a Lugo e, deste xeito, contribúen a fixar poboación no entorno rural”. Un dos proxectos está xa rematado, coincidindo case coa conclusión do outono, xa que os traballos de repoboación, debido ao proceso de crecemento da planta, deben realizarse preferentemente no outono ou na primavera, para cando está previsto que rematen as obras aínda en curso. Estas repoboacións realizáronse exclusivamente con piñeiros, nas súas variedades pinaster, sylvestris e radiata.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aula móbil sobre o Plan de Banda Larga en Sober

Seguinte Nova

A Xunta ofrecerá aos concellos asesoría enerxética para fomentar o aforro

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: