Chantada traballa na elaboración do Orzamento 2012 e prevé levalo adiante en marzo

A sesión plenaria celebrada en Chantada neste mes de febreiro trouxo ao debate, que xa foi resumido na anterior edición deste periódico, outros asuntos coma a aprobación unánime do apoio á reivindicación do colexio Infanta Elena de Monforte, ao que acuden varios usuarios procedentes de Chantada. Pais e titores dos rapaces deste colexio de educación especial levan tempo reclamando a construcción dun centro que lle dea continuidade ao programa educativo ao que só teñen dereito os usuarios ata cumprir os 20 anos.

AUTOVÍA LUGO OURENSE

Os retrasos da autovía A-56 (Lugo-Ourense) que atravesa Chantada tamén chegaron á sesión plenaria, na que o alcalde, Manuel Varela, se comprometeu a reunir aos alcaldes dos concellos que atravesa o vial para que conxuntamente poidan instar á Xunta a axilizar o tramo Guntín-Ourense, que é o que afecta ao desenvolvemento da comarca de Chantada.

CONSORCIO TURÍSTICO

A través dunha consulta non formalizada aos restantes membros da corporación chantadina, o aínda representante chantadino no consorcio e edil do BNG Ildefonso Piñeiro, prantexou a dúbida sobre a rendibilidade de que Chantada continúe inmersa nesta entidade de promoción do turismo debido a un certo estancamento da súa actividade por mor das dificultades de finanzamento ao ter deixado de participar o Estado cando rematou o PDT. Piñeiro manifestou ademais o desacordo co finanzamento dunha obra importante no Concello de Sober por parte do Consorcio sen ter pasado primeiro pola consulta de todos os socios no pleno do Consorcio, tal e como se realiza habitualmente con cada obra para calqueira dos concellos. O rexedor local, Manuel Varela, manifestou que o Consorcio é a “única ferramenta existente da Ribeira Sacra como conxunto” e loubou a gran laboura que esta entidade fixo nos primeiros momentos “cando había finanzamento para investir”, apuntou, e engadiu que agora nótase “a falta de investimentos” por mor da ausencia daquel finanzamento doutras administracións. Ao mesmo tempo, recoñeceu que o propio concello de Chantada debe o abono de tres anualidades ao Consorcio. Por outro lado, o PSOE chantadino, na voz de José Manuel Ledo, manifestouse de acordo con valorar o custe que para o concello de Chantada ten a pertenza ao Consorcio en función da súa repercusión turística para o municipio.

ORZAMENTOS

En Chantada, coma en moitos municipios, a aprobación dos orzamentos para este ano chegará con retraso. Ante unha pregunta da oposición no pasado pleno sobre a preparación e aprobación dos orzamentos e dun posible plano de reaxuste debido á crise, o alcalde de Chantada anunciou que se agardaría alomenos deica o mes de marzo para a aprobación do documento económico. Os hipotéticos recortes anunciados nas transferencias de capital do Estado aos Concellos son un dos motivos que retrasarán a aprobación duns presupostos que se anuncian de reaxuste, e máxime tendo en conta a débeda acumulada neste municipio. Varela anunciou a necesidade de “aforrar neste presuposto e no que vén para liquidar a facturación que hai no Concello”. O rexedor local manifestou que actualmente o goberno local está “traballando con prórroga, pero adiantándonos ao orzamento real”. No que se refire ao préstamo do ICO de 270.000 euros, manifestou que “están pagadas as facturas correspondentes e agora resta amortizar o crédito”. O Concello de Chantada está comprometido a devolverlle ao ICO unha parte deste crédito neste ano, o préstamo no seu conxunto terá que ser devolto en tres anos. Esta cantidade fora solicitada para pagar facturas pendentes a proveedores.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Gastronomía sefardí en Monforte

Seguinte Nova

Aula móbil sobre o Plan de Banda Larga en Sober

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss