Conta atrás para a recollida da Caixa dos Desexos en Sarria

Manuel Rossi, o biciperegrino que impulsor da «Caixa dos Desexos», estará o vindeiro 4 de marzo en Sarria para recoller a caixa na que estarán depositados centos de desexos de veciños, peregrinos e visitantes. Será nun acto simbólico que terá lugar arredor das 10.00 horas diante da Casa Consistorial e ao que están convidadas todas aquelas persoas que desexen asistir. Ese día e nese lugar tamén estarán os colaboradores sarrianos de Rossi nesta iniciativa, vinculados a Asociación Amigos do Camiño na Comarca de Sarria. Jorge López é o principal promotor desta idea en Sarria e detalla cómo xurdiu esta reunión de desexos promovida por Manuel Rossi, un peregrino madrileño que realizou en varias ocasións a ruta a Santiago e que o fará de novo a partir do día 2 de marzo, pero á inversa, partindo de Compostela.

DESTINO: SANTIAGO DE UCLÉS

O obxectivo desta peregrinación en sentido contrario é o de ir recollendo en todos os puntos referentes do Camiño Francés as Caixas de Desexos que estiveron abertas dende o pasado mes de xaneiro para facelas chegar a Madrid á súa volta e dende alí ao mosteiro de Uclés, en Cuenca. Neste destino final, e xa nos días 4, 5 e 6 de maio, todos os desexos das persoas que os foron depositando en diversos puntos do Camiño, serán expostos no claustro deste edificio.

PEREGRINACIÓN Á INVERSA

Rossi, gran promotor e pioniera da ruta ou camiño de Madrid a Santiago de Uclés, pasará por todas as localidades do Camiño, e na comarca de Sarria será recibido,  ademáis de na capital comarcal, en Portomarín o día 3 ás 12.00 horas. Despois de pernoctar en Barbadelo chegará a Sarria, onde recollerá os desexos das cinco caixas repartidas por varios establecementos. Arredor das 12.30 horas, Rossi será recibido en Samos por artistas do Camiño, corporación local, veciños e polo propio prior, que fará a bendición da Caixa dos Desexos. Posteriormente, chegará no seu periplo en bicicleta a Triacastela, onde tamén será recibido pola alcaldesa. Fará noite no Cebreiro, e o fraile franciscano ocupado da ermida realizará a bendición da saída de Galicia da caixa que alberga os desexos de tantas persoas.

Jorge López, como colaborador desta fermosa iniciativa, destaca a gran ilusión coa que se está a levar a cabo. Ten constancia de que existen moitos desexos depositados nas caixas repartidas por Sarria; desexos de adultos, desexos de maiores e desexos tamén xuvenís e infantís coma os que, por exemplo, os estudantes depositan no bar Joaquín, que se atopa na zona escolar da vila.

Mayca González, no bar Joaquín de Sarria, ante unha das caixas dos desexos que se atopan na zona. (Foto cedida por Jorge González)

GRAN REUNIÓN DE DESEXOS

É posible que Rossi consiga reunir ao longo de toda a súa peregrinación uns 4.000 desexos, xa que a idea tivo unha gran acollida e sábese que xurdiron caixas depositarias en varios pobos espontaneamente. Por outra banda, Jorge López destaca o papel que a difusión mediática cumpriu neste proxecto. Deica o día 4 os que o desexen aínda poden facer chegar os seus desexos a través das caixas repartidas en establecementos de Sarria e a comarca.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta ofrecerá aos concellos asesoría enerxética para fomentar o aforro

Seguinte Nova

30.000 euros para a reforma do parque infantil do Colexio Novo de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: