A Escola de Hostelería e Turismo Belarmino Fernández acolleu o 29 de febreiro as actividades do II Programa Cooperativismo e Gastronomía, un programa que vincula o estímulo do emprendemento cooperativo coa formación profesional no eido da hostelería. As actividades xiraron en torno a unha xornada de fomento do cooperativismo con relatorios, paneis de experiencias e charlas coloquio, e un obradoiro composto por bodegón-exposición de produtos cooperativos e unha degustación guiada. Ademais, presentouse a exposición gráfica Camiñando cara ao cooperativismo, que realizará un percorrido itinerante por todos os centros participantes. Este programa foi organizado por Ardora Formación y Servicios, S. Coop. Galega, ao abeiro do programa de actividades de fomento do cooperativismo promovido pola Consellería de Traballo e Benestar.
Últimas noticias sobre CULTURA
O pasado mércores 13 de marzo, ás 20:15 horas, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ na
Mar LÓPEZ SOTELO Directora da Área de Historia e AntropoloxíaInstituto Europeo Campus Stellae
A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o próximo 28 de febreiro, unha exposición da
O Concello de Chantada está a dar pasos firmes para enriquecer a oferta cultural do municipio
A Concelleira de Educación, Geni Valcárcel, e o Concelleiro de Acción Cultural, César No, acolleron con