O voceiro do PSOE de Monforte criticaba despois do Pleno municipal o custe do sistema de recollida de lixo e as súas “deficiencias”. Tomé recoñece as melloras na limpeza viaria pero indica que “unha cousa é a limpeza viaria e outra é a recollida do lixo, e todo no seu conxunto pasou de custar ós veciños e veciñas de Monforte uns 900.000 euros, a custar 1.600.000 euros, sobre 700.000 euros máis. Nos 10 anos de contrato, supón máis de 7 millóns de euros, 1.166 millóns de pesetas, “que pagamos todos os monfortinos polo capricho do Alcalde”. Tomé indicou que “aínda que o aumento só foran 218.000 euros como di o Alcalde, segue sendo unha cantidade moi importante, 35 millóns de pesetas, quedándose sen diñeiro para invertir ou cofinanciar obras que dinamicen a actividade económica das empresas relacionadas coa construcción”.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
• A licitación do proxecto sae cun coste de 163.398,41 euros, o prazo de presentación de
• Substituíuse o pavimento de céspede artificial e levouse acabo a mellora da malla metálica e
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar o reforzo do firme das estradas LU-617,
• O BNG acada o compromiso da Axencia galega de Infraestruturas para que inicien as obras,
O domingo día 20 de marzo, derrubouse unha parte da estrada LU-651, entrada principal ao concello