Os tres concelleiros chantadinos abandonan o BNG, pero non a corporación local

Ildefonso Piñeiro Díaz, Xesús Mazaira Varela e Olga Otero Gómez, os ata agora concelleiros do BNG en Chantada, anunciaban esta semana a súa baixa como militantes desta formación política. Dende a saída do Encontro Irmandiño liderado por Xosé Manuel Beiras das siglas do Bloque nos pasados días, cabía a posibilidade de que concelleiros afíns a esta corrente, como Ildefonso Piñeiro, fixeran o propio nas respectivas formacións e corporacións locais. Sorprende dalgunha maneira a decisión do abandono conxunto en Chantada, xa que os outros dous edís, Xesús Mazaira e Olga Otero, son militante de Máis Galiza e independente, respectivamente. Pero o que non farán os concelleiros é abandonar as súas responsabilidades dentro da corporación e faráno a través dun grupo conxunto “traballando a prol de Chantada, aplicando o programa electoral co que nos presentamos ás eleccións municipais de xuño de 2011 respectando a decisión da cidadanía, que nos fixo concelleiros, e coa que temos un contrato que nos une durante o presente mandato”, explicaron. O que non está claro polo momento é en que forma oficial; “seguimos sendo nacionalistas e de esquerdas”, resalta Piñeiro, “non sei que nome se lle podería dar á sigla, xa nos puxemos en contacto coa secretaria do Concello que está a estudar as diversas fórmulas existentes, pero está claro que continuaremos a nosa tarefa dende a convicción de que somos un grupo nacionalista local”.

Piñeiro e Mazaira no último pleno celebrado en Chantada EC

MOTIVACIÓNS

A unidade do grupo, o interese local e o dar cumprimento a un “programa feito en Chantada” parecen estar por enriba de movementos ou correntes de órganos superiores no caso chantadino. O que ata agora era o voceiro do BNG manifestou que estaban dispostos a agardar a decisión de Máis Galiza de abandonar ou non o BNG para agardar a decisión de Mazaira, “pero parece claro que o grupo preferiu permanecer unido”, manifesta Piñeiro, quen, pola súa parte, indicou os motivos polos que decidiu abandonar a formación nacionalista pola que se presentara ás eleccións. O desacordo co xeito de proceder do BNG nos últimos tempos ten a culpa xa que, segundo Piñeiro, “no Bloque sempre se tomaban as decisións por consenso, e non por maiorías como estaba a ocorrer ultimamente”, subliñou.

“TRABALLAR POR UNHA NOVA FORMACIÓN POLÍTICA”

En canto a un futuro máis lonxano e máis aló do estrictamente local, o que fora tenente de alcalde durante o pasado bipartito chantadino co Bloque Nacionalista Galego, manifestou o desexo de “traballar por unha formación política que naza da sociedade e que vaian por aí unhas liñas de actuación vinculadas fundamental a unha apertura á sociedade e a numerosas correntes que están a xurdir”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A 1ª Copa Deputación de Lugo de Fútbol Base disputarase en xuño entre Lugo, Viveiro e Monforte

Seguinte Nova

Ata o 23 de marzo poderán solicitarse as axudas provinciais para actividades culturais

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss