Este xoves 15 de Marzo a CIG realizará en Monforte unha asamblea pública para informar sobre a reforma laboral. O acto terá lugar na Praza de España ás 20:00 horas e enmárcase dentro da campaña da folga xeral do 29 de Marzo que esta organización ten convocada dende mediados do mes de Febreiro e á que as centrais sindicais de ámbito estatal, CCOO e UGT, veñen de sumarse.Para os representantes da CIG na comarca de Lemos “estamos diante dunha Reforma Laboral tremendamente agresiva para os intereses da clase traballadora que supón unha absoluta perda de dereitos a través do abaratamento do despido, da desmantelación da negociación colectiva e da precarización das condicións de traballo e salariais e que por riba non vai a server para a creación do emprego e ademáis vai supor unha maior depresión económica ao reducirse o consumo por parte das familias”.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa