3,7 millóns para os gandeiros chantadinos

A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria -FOGGA-, ordenou nas últimas semanas a transferencia de preto de 3,7 millóns de euros -3.648.806 euros- en pagos dos que se benefician 417 agricultores e gandeiros do concello de Chantada. Esta medida foi anunciada pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, que expuxo que estas partidas corresponden a varias axudas directas da Política Agraria Común -PAC- a explotacións agrogandeiras, solicitadas e financiadas polo Fondo Europeo Agrario de Garantía (FEAGA).

Vacas nunha explotación gandeira na comarca chantadina. EC

PAGADO CASE O 100%

Esta cifra é o resultado da suma das partidas abonadas no mes de outubro como anticipo -máximo 50% da axuda do pago único- máis as achegas realizadas para axudas directas formalizadas entre o remate do pasado ano e o inicio do presente. O feito de anticipar os pagos ao comezo do prazo “supuxo que a Consellería do Medio Rural xa teña practicamente efectuado o 100% dos pagos directos da PAC”, significou Arias. O pago máis importante realizado é o correspondente ao réxime de pagamento único por explotación, desligado da produción, que se ven aplicando desde o ano 2006, e que, en concepto de anticipo máis saldo, supuxo no municipio chantadino un importe de algo máis de 1,8 millóns de euros. Dende a delegación teritorial explicaron que tamén se realizou o pago adicional no sector lácteo, unha achega que ten por obxectivo a mellora da calidade do leite producido nas explotacións e da que se beneficiaron 280 gandeiros con explotacións no municipio de Chantada e que recibiron un importe total de 160.099,23 euros.

“MÁIS LIQUIDEZ”

Por outro lado, 278 produtores de leite chantadinos perciben un pago extraordinario para o sector lácteo co que se pretende compensar as desvantaxes que comporta producir nunha zona considerada como economicamente sensible desde o punto de vista medioambiental e desfavorecida. A axuda que agora reciben estes gandeiros de leite supón un total de 571.894,24 euros. Ademais veu realizándose o pagamento dunha partida que compensa o emprego de recursos forraxeiros e que no caso de Chantada beneficiou a 93 gandeiros, que percibiron unha cantidade de 510.809,93 euros. Que nesta campaña se acurtara o período de pagamento establecido pola Unión Europea -que, na presente campaña, vai dende o 1 de decembro do ano 2011 ata o 30 de xuño do 2012- permite, segundo concluíu Raquel Arias, que “os gandeiros dispoñan de maior liquidez para optimizar o rendemento das súas explotacións”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O filme «Vilamor», no IES Lama das Quendas

Seguinte Nova

O primeiro tramo do corredor Sarria-Monforte abrirase en 2012

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss