O vindeiro xoves 22 de marzo terán lugar no salón de actos do IES Lama das Quendas de Chantada a presentación do filme Vilamor, para alumnado de 4º da ESO, entre as 9:35 e as 10:25 horas. O guión de Vilamor está inspirado nunha historia real, a das comunas que se crearon nos anos 70 en Negueira de Muñiz, na montaña de Lugo. Moitas desas persoas seguen alí vivindo e o seu testemuño foi moi valioso para escribir esta historia de amor, liberdade e conexión íntima coa natureza, segundo relatan os promotores do filme. Con esta actividade, organizada polo equipo de Normalización do Lama das Quendas, o alumnado asistirá á presentación con actores e responsables deste filme galego.
Últimas noticias sobre CULTURA
• Celebrarase dende o mércores día 6 ata o domingo 10 de xullo e o festival
• Por primeira vez haberá unha inxección económica directa de 1,2 millóns de euros , especificamente
O XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo
• Fixeron as cinco últimas etapas do Camiño Mozárabe-Vía da Prata contándolle aos seus máis de
• Dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia