O filme «Vilamor», no IES Lama das Quendas

O vindeiro xoves 22 de marzo terán lugar no salón de actos do IES Lama das Quendas de Chantada a presentación do filme Vilamor, para alumnado de 4º da ESO, entre as 9:35 e as 10:25 horas. O guión de Vilamor está inspirado nunha historia real, a das comunas que se crearon nos anos 70 en Negueira de Muñiz, na montaña de Lugo. Moitas desas persoas seguen alí vivindo e o seu testemuño foi moi valioso para escribir esta historia de amor, liberdade e conexión íntima coa natureza, segundo relatan os promotores do filme. Con esta actividade, organizada polo equipo de Normalización do Lama das Quendas, o alumnado asistirá á presentación con actores e responsables deste filme galego.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

59 proxectos dentro do GDR Ribeira Sacra

Seguinte Nova

3,7 millóns para os gandeiros chantadinos

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: