Posta de largo do Clube Ciclista Chantadino para a tempada 2012

Os compoñentes do equipo master luciron a nova equipación, coa que tentarán acadar o Campeonato Galego desta modalidade en estrada

Un momento da presentación do Clube Ciclista Chantadino, coa nova equipación e as incorporacións máis recentes. CCChantadino.

O pasado sábado 10 de marzo tivo lugar a posta de largo do Clube Ciclista Chantada para esta tempada 2012, coa presentación dos deportistas, que luciron a nova equipación.

INCORPORACIÓNS

Segundo declararon os responsables desta asociación, o clube manterá o bloque da pasada tempada, coas novedades de Alejandro Paleo e Adriano Grandal, que completarán o equipo Master que participará nas categorías M30 e M40, cubrindo todo o calendario galego, alternando con algunhas saídas fóra de Galicia, como neste inicio de tempada a Vuelta a Santander, os próximos días 24 e 25 de marzo.

OBXECTIVOS: SER REFERENTE EN GALICIA E FACERSE CO CAMPEONATO MASTER EN ESTRADA

Segundo declararon os responsables do Clube Ciclista Chantadino, os obxectivos para esta tempada buscan a consolidación do bloque entre os equipos de referencia da categoría en Galicia, así como mellorar os resultados da pasada tempada co apoio das novas incorporacións e poder conquerir o campeonato galego Master en estrada.

25 MEMBROS EN DIVERSAS MODALIDADES

O equipo master está composto por 12 membros, aínda que o clube conta con 25 compoñentes repartidos nas modalidades master, cicloturistas e bikers. Na presentación desta tempada, os responsables do Clube Ciclista Chantadino agradeceron o apoio dos seus patrocinadores, sobre todo a asnotas.com e Tripomant, que quixeron apostar por este equipo “nestes momentos difíciles” de crise económica.

LEMBRANZA DO TRABALLO E ADICACIÓN DE MANUEL CAAMAÑO

En canto á afición ciclista na comarca de Chantada, os responsables do Clube destacan que vai en aumento, motivado pola maior promoción que esta asociación está a facer do ciclismo, con actividades tan populares como o Día da Bici. Este esforzo segue a liña de traballo do falecido Manuel Caamaño, alma mater do Clube Ciclista Chantadino, que botou a andar este proxecto capitaneando un grupo de amigos amantes do ciclismo alá polos anos 90. O seu esforzo e adicación conta coa admiración e a lembranza permanente do actual equipo directivo, a través sobre todo do traballo constante que ven de situar ao Clube Ciclista Chantadino como un dos clubes referentes da categoría master a a nivel provincial, e un dos punteiros a nivel autonómico.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Augas Santas acogió una etapa del Circuito de Invierno de Golf

Seguinte Nova

Nova web para o Concello de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: