Resultados desiguais para as categorías da S.D.Chantada

Según informan dende a páxina web da S.D.Chantada, a última xornada foi un tanto desigual nos resultados das diversas categorías. Mentres que o Xuvenil B pechaba a liga na metade da táboa, os cadetes aínda non atoparon o gol tralas dúas primeiras xornadas de grupo. Pola súa parte, a derrota anto o Rápido de Bouzas dos xuvenís A sitúaos no noveno posto, con 34 puntos. En rexional preferente, a S.D.Chantada non puido frear ao Val na casa, e ocupa o noveno posto con 40 puntos. A web da S.D.Chantada destaca a “boa imaxe” do feminino no último partido a pesares de non acadar a vitoria, e suma 10 puntos no posto 12 da táboa. A boa nova da fin de semana foi a vitoria do Chantada B por 1-2 ante o Antas, e ocupa así a 7ª posición con 36 puntos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lugo Reacciona: Manual para atallar o drama do despoboamento

Seguinte Nova

Augas Santas acogió una etapa del Circuito de Invierno de Golf

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: