1.850 prazas na provincia de Lugo para as actividades de verán

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentaron as actividades da campaña de verán deste ano, no que a Consellería de Traballo e Benestar oferta na provincia 1.818 prazas para mozos e mozas de ata 35 anos entre os meses de xuño e setembro.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e a xefa de servizo de Xuventude e Voluntariado, Belén Casas, durante a presentación das actividades da campaña de verán . GPXG.

“CONVIVENCIA INTERCULTURAL” DOS RAPACES MAIORES DE 18 ANOS PROCEDENTES DA EMIGRACIÓN

Na súa intervención, Ovidio Rodeiro informou que esta campaña inclúe campamentos de verán, con intercambios con outras comunidades autónomas; oferta concertada de prazas nas instalacións xuvenís do departamento autonómico; actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo; e accións para mozos e mozas descendentes de galegos, residentes no exterior. Esta última actuación foi a novidade destacada do programa desta edición das actividades de verán, dado que suporá a unión por primeira vez dos participantes procedentes da emigración cos rapaces galegos nos campamentos e actividades para maiores de 18 anos. “O obxectivo é fomentar a convivencia intercultural e a aprendizaxe mutua”, apuntou Rodeiro, xa que ata o de agora só tomaban parte en actividades específicas para eles.

ATA O 20 DE MARZO PARA INSCRIBIRSE

Con respecto á oferta de campamentos de verán para menores de 18 anos, Xuventude sorteará na provincia 1.245 prazas repartidas no albergue xuvenil de Area (Viveiro), no campamento xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín), no campamento xuvenil da Devesa (Ribadeo) e no campamento Os Chacotes (Palas de Rei). Estas actividades terán lugar nas ribeiras do Miño e doutros ríos, e dispoñen unha oferta baseada na realización de rotas en kaiak, circuítos de bicicleta de montaña, escalada en rocha e geocaching; e en Ribadeo, cunha oferta de achegamento á cultura de mar a través de clases de surf e outros deportes mariños.

MÁIS DE 200 POSTOS DE TRABALLO XERADOS

Raquel Arias destacou que “a través desta programación, os mozos e mozas de entre 9 e 17 anos teñen a posibilidade de empregar o seu tempo libre das vacacións en actividades de carácter lúdico, cultural ou deportivo”. A delegada territorial da Xunta en Lugo suliñou que a través do desenvolvemento destes programa xérase, só nesta provincia, a contratación de máis de 200 postos de traballo entre monitores e especialistas en actividades ao aire libre. Ademais resérvanse, xunto co resto da comunidade, outras 46 prazas para persoas con discapacidade, menores tutelados ou fillos e fillas de mulleres vítimas da violencia de xénero. O prazo de inscripción remata o 20 de marzo, e o sorteo das prazas realizarase o 18 de abril ante notario.

PRAZAS CONCERTADAS

En canto á oferta de prazas concertadas, este ano suman en Lugo un total de 445 distribuídas en cinco quendas no albergue xuvenil de Area (Viveiro), campamento xuvenil da Devesa (Ribadeo) e no albergue xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín). Así, ofrécese o uso destes espazos ás asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á mocidade, escolas de tempo libre, ao Consello da Xuventude de Galicia e aos consellos locais e municipais de xuventude, así como ás corporacións locais e outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa mocidade. Tamén poderán formar parte desta oferta concertada os grupos de mozos e mozas non asociados que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro.

ACTIVIDADES PARA A XUVENTUDE ENTRE 18 E 35 ANOS

Por outra banda, haberá 128 prazas nas actividades para mozos e mozas de entre 18 anos e 35 anos, e incluirán rutas en kaiak tanto no río como no mar e en embarcacións de mar e, así mesmo, tamén poderán disfrutar de actividades de escalada e ‘xeocaching’. O director xeral de Xuventude explicou que os participantes nesta banda de idade disfrutarán de distintos percorridos polo Miño, no caso dos que estén ubicados no albergue LUG-II (Lugo) e polo estuario do Eo, para os aloxados no albergue da Devesa (Ribadeo), onde poderán coñecer os seus recursos e a vida diaria dos seus habitantes. O responsable de Xuventude e Voluntariado explicou que “o obxectivo deste plan é ofrecer á mocidade unha alternativa responsable dentro do ocio e tempo libre”, ao tempo que “se lles dá a coñecer o territorio galego, foméntase o intercambio e espértase un interese polo desenvolvemento sostible e o uso eficiente e responsable dos recursos”. O prazo de solicitude xa está aberto, e concluirá cando se esgoten as prazas.

EIDO INTERNACIONAL

Os campos de traballo son a cuarta modalidade da programación do verán da Xunta de Galicia. Defínense como actividades encamiñadas a fomentar a convivencia a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países. A cambio do seu labor, os mozos reciben unha alternativa de lecer e tempo libre baseada no intercambio de coñecementos e culturas, da práctica de deportes e da visita a lugares de interese, tanto turísticos como históricos ou culturais. Según esto, a Consellería de Traballo e Benestar porá a disposición dos mozos galegos, do resto de comunidades autónomas e de países como Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Corea do Sur ou Xapón ou de voluntarios procedentes da Galicia exterior un total de 260 prazas, distribuídas en quendas de 11 ou 15 días de duración. Os responsables de Xuventude indicaron que está previsto que a convocatoria saia publicada na web de Xuventude no mes de abril. Os mozos e mozas galegos, ademais, poderán asistir ao mesmo tipo de actividades organizadas ao longo do territorio español (100 prazas) e no estranxeiro (96 prazas). Por último, a campaña de verán contempla actividades para os mozos descendentes de galegos, residentes no exterior. En colaboración coa Secretaria Xeral de Emigración ofertaranse 240 prazas distribuídas en varios programas de actividades que fomentarán o contacto e as relacións coa xuventude galega. Haberá ata cinco programas con temáticas diferentes e vinculadas, entre outros, aos deportes náuticos e de multiaventura. Na provincia de Lugo destaca neste programa o campamento Galicia Verde e Azul, que oferta no campamento Os Chacotes (Palas de Rei) 100 prazas, 60 das cales están reservadas para galegos e descendentes de galegos procedentes do exterior.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Marzo cheo de actividades culturais para lembrar o papel da muller traballadora

Seguinte Nova

Rural Underground: o cine que nace das terras de Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

Maika Makovski

Unha das actuacións estelares do 17º Ribeira Sacra Festival Onte arrincou unha nova edición do 17º

A %d blogueros les gusta esto: