A zona sur de Lugo aproveita os recursos provinciais para aforrar

As novas políticas de cooperación cos concellos da Deputación facilitarán ás entidades locais facer diagnósticos das súas contas, saneamento económico e estudos de custes dos servizos públicos

Díaz Valiño xunto con alcaldes da zona na Casa Consistorial de Monforte de Lemos. GDP

Sacarlle o máximo partido ás posibilidades que nos ofrecen as institucións pode ser unha boa idea en tempos de crise e falta de recursos. Habitualmente fálase de cooperación cos concellos, un concepto amplo no que a Deputación de Lugo tenta incidir dende o ano 2007 a través de distintas accións.

¿QUÉ PARTIDO TIRAN OS MUNICIPIOS DA ZONA SUR DOS SERVIZOS PROVINCIAIS?

Exemplos moi directos no que os concellos aproveitan as liñas de cooperación témolos na zona sur de Lugo, unha das máis activas nesta materia, segundo apuntaron dende o organismo provincial. O pasado ano, o 75% dos municipios da zona botaron man da asistencia xurídica que de balde lles oferta a Deputación. Brollón, Pantón, Chantada, Monforte, Ribas do Sil, Sober e Taboada xunto con outros próximos como Carballedo ou O Courel recorreron a este servizo para solucionar os seus problemas, elaborar informes e ditames de diversa índole como os de incidencia ambiental, sobre convenios de colaboración ou consultas sobre actividades agropecuarias. Concellos como Chantada tiraron moito en asistencia en materia de recursos humanos, converténdose este no segundo concello da provincia que máis consultas telefónicas fixo sobre este asunto entre 2008 e 2011, un total de 792. Pero non se quedaron atrás os políticos e funcionarios de Brollón que botaron man deste tipo de asistencia en 623 ocasións. Neste ámbito o organismo provincial tamén elaborou un plano de ordenamento de recursos humanos en Brollón e participou ata en catro ocasións en tribunais de selección de persoal. Neste ámbito tamén se realizaron diversos informes en Chantada (un sobre riscos por radiación), Brollón e Ribas do Sil. Por outra banda, moitos concellos teñen delegado dende 2008 as labouras de recadación dos impostos municipais aos servizos provinciais, e na zona sur hai nove municipios que están adheridos (Brollón, Carballedo, O Saviñao, O Courel, Pantón, Quiroga, Ribas do Sil, Sober e Taboada). Mediante esta fórmula, estes concellos reciben un adianto destes tributos mes a mes.

APROVEITAR MÁIS O SISTEMA DE COOPERACIÓN CON NOVOS SOPORTES DIRIXIDOS AOS MUNICIPIOS. MÁIS AFORRO E AXILIZACIÓN ADMINISTRATIVA

Pero si os concellos da Ribeira Sacra sacan rendemento da cooperación provincial en gran medida, aínda poden tirar moito máis deste apoio. Que a zona sur sexa unha das máis activas quizais teña algo que ver con que fora este o escenario elixido para presentar aos rexedores locais as novas liñas da filosofía de cooperación que pretende impulsar a Deputación, fundamentalmente a través do reforzo das xa existentes. O Deputado delegado da área, Juan José Díaz Valiño, acompañado da responsable provincial de Economía, Pilar García Porto, presentaba nos pasados días no Salón de Plenos do consistorio de Monforte de Lemos aos alcaldes e empregados públicos da Ribeira Sacra dous novos servizos que están pensados para traballar en rede cos municipios e aforrarlles custes ao tempo que perseguen a axilización administrativa e a racionalización dos cada vez máis reducidos recursos municipais.

ASISTENCIA EN MATERIA ECONÓMICO FINANCEIRA, AXUDAR A CUMPRIR COAS CONTAS E COA LEGALIDADE

Os concellos poden pedirlle aos servizos provinciais que realicen un diagnóstico da súa situación económica, así como plans de saneamento das contas municipais, un instrumento moi recorrido neste contexto en que gran parte das corporacións non teñen aínda aprobados os orzamentos, feito que demostra as dificultades á hora de facer números. Tamén existe a posibilidade de que a Deputación elabore para os concellos estudos para valorar o custe dos servizos públicos que prestan (coma o do lixo, subministro de auga, alumeado ou axuda a domicilio) ou elaboración de ordenanzas. Un exemplo de aforro sería o que tivese aplicado o concello de Sarria de non ter que encargar unha auditoría externa por valor de 20.000 euros. Díaz Valiño destacou que nun contexto de máximo rigor económico, todo isto se traduce en instrumentos de grande utilidade e que contribúen a facer cumprir o principio de legalidade que se esixe por exemplo nos prazos de fiscalización e para poder acceder a axudas doutras administracións.

PORTAL WEB PARA SERVIZOS XURÍDICOS

A posta en marcha deste sitio on line reforza o papel da asistencia xurídica que xa está en marcha cara os concellos. Os empregados públicos habilitados cunha contrasinal poderán acceder á web onde atoparán documentación múltiple como ditames, novidades lexislativas, sentenzas ou ordenanzas, entre outras cousas de utilidade para o desenvolvemento do seu traballo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lidia Senra alerta en Monforte que a reforma das pensións afectará gravemente aos dereitos das labregas

Seguinte Nova

O 80% dos monfortinos, satisfeitos coa limpeza da cidade

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: