Marzo cheo de actividades culturais para lembrar o papel da muller traballadora

• O mes de marzo acolle dúas importantes efemérides que a Área de Cultura e Turismo, e Benestar e Deporte está a conmemorar de forma conxunta. O Día da Muller Traballadora e o da Clase Traballadora Galega, celebrados os pasados 8 e 10 de marzo, respectivamente, van ser os protagonistas dunha programación multidisciplinar que abranguerá a totalidade do mes, e que servirá, segundo os responsables provinciais, “para facer unha reflexión sobre a situación laboral da muller”.

A inauguración da mostra “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0” estivo a cargo dos responsables da Área de Cultura e Benestar da Deputación e o equipo directivo do Museo Provincial de Lugo. GPDL.

IGUALDADE DE XÉNEROS A TRAVÉS DA ARTE

Baixo o título “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0”, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo deu comezo a unha serie de actividades artísticas multidisciplinares que se están a desenvolver en marzo no Museo Pazo de Tor de Monforte, no Museo Provincial de Lugo, e nos outros dous espazos vinculados á Rede Museística Provincial, así como na sala de exposicións do Pazo de San Marcos, sede da Deputación. 33 artistas (32 mulleres e 1 horme) amosarán xuntos as súas creacións na exposición que dá título a esta programación, e que ten como obxectivo facer máis visible a muller dentro do mundo da arte. “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0” permanecerá aberta ao público no Pazo de San Marcos ata o vindeiro 8 de abril.

PERFORMANCES, MESAS REDONDAS E CONFERENCIAS AO LONGO DO MES

Previamente á inauguración desta exposición, a escritora e profesora universitaria Teresa Moure abriu o ciclo de actividades en conmemoración do Día da Muller coa conferencia “Muller e literatura”, impartida no Refectorio do Museo Provincial de Lugo. O xoves 15 de marzo ten lugar unha mesa redonda sobre “Xestión cultural e xénero”, ás 18 horas no Pazo de San Marcos, e ás 19,30 horas Susana Sánchez Aríns protagonizará un recital poético na mesma sede. “Quen lle dá a volta á tortilla?” é o título da exposición que se inaugura o venres 16 no Refectorio do Museo Provincial de Lugo ás 20 horas, que estará seguida da performance “Estamos (I) somos (+D)”, a cargo de Yolanda Herranz. A relación conceptual entre muller e arte será o punto de reflexión no Pazo de San Marcos o luns 19 ás 18 horas, coa conferencia “Imaxe da muller na arte”, a cargo de Gema López, mentres que ás 19,30 horas Montse Cea disertará sobre “A obra de muller como categoría artística”. Muller e discapacidade serán os temas de debate da mesa redonda prevista para o mércores 21 de marzo. Baixo o título “O empoderamento de mulleres con discapacidade a través do emprego”, responsables de ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia) e persoal con discapacidade dos museos da Rede Provincial debatirán sobre esta importante cuestión vinculada ao Día da Muller Traballadora. Literatura e sociedade protagonizan a sesión do día 23, coa conferencia “Rosalía de Castro: a creación da identidade”, a cargo de Francisco Rodríguez, no Pazo de San Marcos. Nesta mesma sede, o 3 de abril Ana Gesto desenvolverá a súa performance titulada “Intervalos variables 5”, ás 20 horas.

O Pazo de Tor acollerá o Festival Internacional Euroárabe Amal sobre mulleres traballadoras do 20 ao 23 de marzo

“Monecas, unha muller de Damasco” é o filme que abrirá en Monforte o Festival Internacional Euroárabe Amal, que se celebra simultáneamente nas catro sedes da Rede Museística Provincial. O Pazo de Tor acollerá a proxección dos filmes vinculados á temática “Mulleres traballadoras”, entre o 20 e o 23 de marzo ás 19 horas. O mércores 21 proxectarase un trío de curtas, tituladas “Un día en Smara”, “Prohibido o paso” e “Beirut”. A programación para o xoves 22 está composta asimesmo por tres pezas breves, “A muller policía”, “A miña moneca de trapo” e “A criada”. O ciclo rematará o venres 23 coa proxección das curtas “Sensibilidade en feminino”, “O do da cigoña” e “Fiasco”. Pola súa parte, o Museo Provincial de Lugo acollerá os filmes agrupados baixo o denominador “Magreb”. O Museo Fortaleza San Paio de Narla, en Friol, será a sede das proxeccións vinculadas á “Inmigración”, e o Museo do Mar en San Cibrao (Cervo) acollerá o bloque “Mozos e mozas”.

OBRADOIRO EN TOR

A programación multidisciplinar deseñada dende a Vicepresidencia provincial ofrece un obradoiro itinerante polas catro sedes museísticas da Rede, baixo o título “Nos zapatos da muller Orquestra. Accións, reflexións e rol da muller nos camiños da historia” e a cargo de Adriana Pazos Ottón. Dentro deste obradoiro, a sesión denominada “Muller, acción social e diversidade funcional” terá lugar no Pazo de Tor o 23 de marzo de 18 a 20 horas.

ITINERARIOS EN FEMININO

A programación en torno ao Día da Muller Traballadora ofrece visitas guiadas ata o 8 de abril aos catro museos da Rede provincial, nos horarios habituais de apertura ao público.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O 80% dos monfortinos, satisfeitos coa limpeza da cidade

Seguinte Nova

1.850 prazas na provincia de Lugo para as actividades de verán

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss