1millón de euros para formar aos profesionais turísticos galegos

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e o director da Escola de Organización Industrial, Fernando Bayón, na presentación deste Plan. GPEC.

Transformar o sector turístico galego a través da formación dos seus empresarios é o obxectivo do Plan de Formación para a Excelencia Turística de Galicia, que supón unha iniciativa pioneira no Estado, cunha inversión de case un millón de euros.

Durante a presentación deste plan, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, destacou que se trata dun proxecto moi ambicioso e pioneiro no Estado, que implica que “entre 500 e 600 profesionais galegos teñan a oportunidade de asistir a máis de 4.109 horas de formación en xestión, en modalidade presencial e online, o que lles permitirá compaxinar a actividade laboral coa formación, ademais de contar coa axuda de titorías personalizadas”.

Segundo informaron os responsables desta iniciativa, o Plan tentará dar resposta ás necesidades da oferta turística de Galicia, que debe adaptarse aos cambios da demanda, ás preferencias dos consumidores, á competencia, ás canles de comercialización e aos novos requerimentos do mercado que esixen actuacións globais como a que hoxe se presentou en materia de formación.

O programa artellarase en 13 tipoloxías de cursos adaptados ás necesidades concretas dos distintos subsectores. Trátase de 24 programas formativos en toda Galicia nos que poden participar entre 20 e 30 persoas en cada grupo. O plan centrarase en áreas estratéxicas de turismo como a innovación, o e-marketing, as redes sociais, a xestión de pequenos aloxamentos e restaurantes, a eficiencia, o aforro e a xestión de custes, ademais da creación de empresas. O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e o Fondo Social Europeo a través da Escola de Organización Industrial, investirán neste plan un total de 838.296 euros, un 90% do orzamento total. O 10% restante será aportado pola Secretaría Xeral para o Turismo a través de Turgalicia e do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Plan Renove da Xunta para a mellora do equipamento de talleres de vehículos en Lugo

Seguinte Nova

O colectivo veciñal do Saviñao, polo turismo e a participación cidadá

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss