Aforro enerxético nas explotacións gandeiras

Un estudo de optimización enerxética realizado polo INEGA revela que as explotacións gandeiras poden aforrar ata 6.500 euros na factura anual. A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) en colaboración con AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias) realizou un estudo de optimización enerxética en explotacións de leite, seleccionando a 10 empresas representativas do sector. Entre os consumos enerxéticos destaca, pola súa importancia, o consumo de gasóleo, cun 69% do total, mentres que a electricidade acapara o 24%, destacando aquí o muxido e o refriado de leite. Entre as opcións propostas destaca a instalación de intercambiadores de placas para o prearrefriado do leite, que supoñen un aforro medio do 45% do consumo total do tanque de frío. Ademáis, a instalación dun variador de velocidade nas bombas de baleiro permite adecuar a extracción do leite á demanda existente en cada momento.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Compostaxe doméstica en Chantada

Seguinte Nova

Os Plans de Cooperación da Xunta beneficiarán a concellos que soliciten servizos conxuntamente

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: