Aprobadas as obras do PEIM Rural para arranxar diversos viais en Pantón

Nos pasados días finalizaron as obras de mellora da zona que comunica a rúa Ourense coa Casa Consistorial de Ferreira e que contaron cun investimento de 185.000 euros que contribúen ao acondicionamento urbanístico da vila e da súa zona máis céntrica. Por outra banda, e tamén moi orientado de cara á estética urbana e o turismo, rematados os primeiros traballos, en Pantón agardan pola terceira fase da mellora da rúa do convento das Bernardas, que segundo comprometeu a Xunta, se levará a cabo nos vindeiros meses. Despois de diversas actuacións de mellora de pavimentos e dotación de mobiliario urbano, resta o soterramento de cables de luz e telefonía para dar unha mellor imaxe a unha das portas de entrada ao municipio e tamén á Ribeira Sacra, xa que se trata do contorno dun dos mosteiros de maior importancia de toda a área.

SANEAMENTO DE AUGAS

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, colocou entre as obras máis inmediatas o colector de Tuiriz e a segunda fase do de Eiré, que están en fase de subasta e pendentes de adxudicar para escomezar os traballos.

PEIM

Correspondentes á última convocatoria do Plano Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural -PEIM-, Pantón conta xa ca aprobación das próximas actuacións. Desta maneira realizaranse melloras en accesos en Moreda, Vilaside en Espasantes, Ribeiras de Miño e executaránse melloras nas vías Goián-Armental e Goián-Moreda. Ademais, tamén se mellorará o acceso á praza de Mañente e algúns accesos en San Vicente de Castillón. Finalmente, na entrada da N-120 cara a estrada de Escairón, no contorno do campo de fútbol e o tanatorio, está prevista a habilitación dun espazo que poderá dar servizo de aparcadoiro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PSOE monfortino leva ao pleno dúas peticións veciñais

Seguinte Nova

Maiorga, nova apertura en Semana Santa

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss