Compostaxe doméstica en Chantada

No programa promovido por Sogama participarán un total de 50 vivendas

O Concello de Chantada, da man da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) ven de incorporarse ao programa de compostaxe doméstica cun total de 50 vivendas que, de xeito voluntario, decidiron tomar parte nesta iniciativa. Cada unha destas vivendas recibirá en breve unha compostadora de 350 litros de capacidade, coa que convertir os restos orgánicos xerados nun abono de alto poder fertilizante que poderán utilizar con total garantía nos seus espazos de cultivo.

Presentación do programa de compostaxe en Chantada. GP-SOGAMA.

AFORRO AMBIENTAL E ECONÓMICO

Nun acto celebrado no concello de Chantada, o alcalde da localidade, Manuel Varela, e o presidente de Sogama, Luis Lamas, explicaron os detalles deste programa que, aínda non sendo novo na provincia, pretende extender os beneficios da autocompostaxe a distintos ámbitos da poboación, fomentando o aforro, tanto na dimensión ambiental como económica e social.

CALIDADE DO COMPOST CERTIFICADA

Este programa púxose en marcha no 2010 na Mariña lucense, en que cinco concellos en colaboración con Sogama trataron de promover a reciclaxe da materia orgánica en orixe e así disminuir a cantidade de desperdicios que remitir a Sogama, aminorando así o importe da factura que deben pagar a esta entidade pola xestión e tratamento do lixo convencional. Meses despois da implantación, o compost resultante foi sometido a análise na Universidade de Santiago, que certificou que cumplía con todos os requisitos de calidade. Recentemente sumáronse a esta iniciativa os concellos de Portomarín e Sober.

INFORMACIÓN “PORTA POR PORTA”

Trala instauración do programa, o concello de Chantada levará a cabo un exhaustivo seguemento do mismo “casa por casa”. Con esta pretensión tense formado, a cargo de Sogama, a personal específico para que, á súa vez, se encargue de adestrar á poboación participante, comprobando, a través de visitas periódicas “porta a porta”, ls dificultades que poidan ter respecto á técnica aplicable, ao tempo que solventan as dudas e erros máis comúns. Segundo explicaron dende o concello e Sogama, esta tarefa reforzarase con diverso material divulgativo, como a edición de manuais de compostaxe, que serán repartidos entre as familias participantes para que poidan utilizalos como instrumento de consulta e apoio.

COMPOSTAXE, ACTIVIDADE DE SEMPRE NO RURAL

Segundo informaron dende Sogama, a separación de materia orgánica, tanto para a fabricación de abono, como para alimento do gando, foi dende sempre unha práctica tradicional no medio rural galego, os participantes non soen ter dificultades para incorporar esta actividade ás súas rutinas cotiás.

MENOS RESIDUOS POLA REDUCIÓN NO CONSUMO

Segundo informou Sogama, a planta de transferencia de Chantada, posta en marcha hai casi 12 anos, está sendo utilizada actualmente polos concellos de Antas de Ulla, Carballedo, Monterroso, Rodeiro, O Saviñao e Taboada, tendo procesado en 2011 un total de 8.565,51 toneladas de residuo en masa, o que se traduce nun 2,72 por cento menos que o ano anterior, que ascendeu a 8.805,04 toneladas. Como consecuencia da contración do consumo, derivada da actual crisis económica a reducción de residuos ven sendo un feito habitual en case todos os concellos. Preténdese aproveitar esta tendencia á baixa na produción de residuos ata nun 10%, e fomentar a reutilización e o reciclado para acadar unha xestión máis sostible dos residuos, según se recolle no Plan Galego de Xestión de Residuos Urbanos 2010-2020.

REPARTO DE BOLSAS PARA CLASIFICACIÓN

Os datos de entradas de bolsas amarelas (plástico, latas e bricks) na estación de transferencia de Chantada rexistraron un incremento dun 5,77 por cento, subindo das 82,61 toneladas recepcionadas no 2010 ata as 87,38 do 2011. Neste sentido, o concello chantadino distribuirá entre os veciños lotes de bolsas reutilizables de cores, de 20 litros de capacidade cada unha, co obxectivo de facer máis cómoda a segregación de residuos en orixe, posibilitando o aumento da reciclaxe.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Maiorga, nova apertura en Semana Santa

Seguinte Nova

Aforro enerxético nas explotacións gandeiras

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: