Entrevista: Pablo Vidal, blogueiro de San Clodio que promociona o municipio a través da rede

• Pablo Vidal Gonález é un veciño de San Clodio, Ribas do Sil, que alimenta o blog http://sanclodiolugo.blogspot.com repleto de contidos relacionados con este municipio. Breves reseñas culturais ou históricas, imaxes paisaxísticas e incluso citas na axenda da zona configuran os contidos. Con 61 anos de idade, activo no mundo das novas tecnoloxías, contribúe a informar sobre o Concello a tavés desta plataforma. Algo que nos conta a través dunha breve entrevista para En Común:

Como se decide a pór en marcha un blog relacionado con diversos contidos arredor do pequeno municipio de Ribas do Sil? De onde nace a iniciativa?

A base foi querer ao pedazo de terra onde vin a luz por primeira vez. O entorno onde me criei tamén influíu; o meu pai erá fotógrafo, correspondente de varios periódicos e de Radio Juventud de Monforte.

Conta con moitos seguidores? Que destacaría deste blog?

Non controlo aos seguidores, penso que ter uns cantos nunha zona pequena como a nosa é suficiente para manter o blog que ten o fin de amosar o que se está facendo. Está cumprindo os seus obxectivos. Non destacaría nada especial, máis que o principal é que a todos aqueles que tiveron bos recordos deste val se lle refresquen e o compartan cos seus coñecidos.

É unha maneira de promocionar este territorio a través da rede a partir dunha iniciativa individual?

Sí, e teriamos que aproveitar máis as iniciativas individuais ou en pequenos grupos. Axudan a coñecer e promocionar o que se quere, sobre todo no rural, que está bastante abandonado.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Ribas de Sil aplica un plan de austeridade no gasto

Seguinte Nova

Contactos informativos cos empresarios lucenses polas últimas iniciativas do Goberno

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: