Monforte volve ao Medievo un ano máis

Unha ampla variedade gastronómica complementará os espectáculos para todos os públicos. Arquivo EC.

A X Feira Medieval de Monforte celebrarase o vindeiro sábado día 7 de abril nas rúas e prazas do casco histórico da cidade.

PATRIMONIO MEDIEVAL

O Concello quere que a Feira sexa tamén un escaparate do pasado medieval de Monforte xa que este é un dos maiores atractivos turísticos da cidade. Como xa sucedeu no caso da Festa da Xudería, amplíase o ámbito da celebración cara ó burgo medieval para dar a coñecer este recurso turístico, construíndo así un enlace entre a Torre da Homenaxe e a Feira Medieval. Os nenos e nenas terán un espazo propio na Feira Medieval: no adro da Régoa haberá diversos xogos medievais e postos artesanais e actuacións para o público infantil. Bufóns, trobadores, animación diversa e espectáculos de rúa coparán a zona antiga da cidade dende as dez da mañá. O adro da igrexa da Régoa e a Praza de España serán dous puntos centrais de actividade, pero as rúas circundantes estarán plagadas de artesáns ou produtores da zona e chegados doutros lugares. Os espectáculos de cetrería, de gran aceptación por parte do público, realizaranse este ano na Praza de España por ser un espazo con maior capacidade.

CONCURSO DE TRAXES MEDIEVAIS E COMPETICIÓN DE TIRO CON ARCO

Haberá novidades, coma o concurso de traxes medievais para a cidadanía e a competición de tiro con arco. O sector da hostalería implicarase un ano máis na celebración da Feira Medieval coa instalación de sete postos gastronómicos en diferentes rúas e prazas e, xunto co comercio local, na decoración medieval dos seus establecementos coa finalidade de lograr unha maior ambientación de época. O Concello situará un posto de información na Praza de España, onde a cidadanía e os visitantes dispoñerán de programas de actividades e de planos do recinto da feira. A xornada rematará coa habitual cea medieval no Parador de Monforte.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

E-administración: aforro e eficiencia para a xestión municipal

Seguinte Nova

Faro-Miño

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: