“A máxima axilidade posible” nesta xestión

A delegada da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, Raquel Arias, destacou “a axilidade” e “a especial sensibilidade” amosada polo Executivo galego coa publicación no Diario Oficial de Galicia da declaración de urxente ocupación de bens afectados pola obra da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) e a ampliación e mellora da rede de tratamento de auga de Monforte. Arias suliñou que, “apenas unha semana despois de recibir toda documentación requerida, os técnicos da Xunta remataron o estudo da devandita información técnica e visárona positivamente para a súa definitiva aprobación”.
BENEFICIO PARA OS VECIÑOS
Arias concluíu que o trámite que ven de aprobarse “coa maior prestancia posible” pola Xunta permite acelerar a posta en marcha das obras para a mellora da ETAP e a rede de tratamento de augas de Monforte, algo que “redunda en beneficio de todos os veciños e visitantes da cidade monfortina”.