Novo paso cara a mellora da depuradora de Monforte

“A máxima axilidade posible” nesta xestión

Visita da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, á potabilizadora de Monforte. ARQUIVO EC.

A delegada da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, Raquel Arias, destacou “a axilidade” e “a especial sensibilidade” amosada polo Executivo galego coa publicación no Diario Oficial de Galicia da declaración de urxente ocupación de bens afectados pola obra da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) e a ampliación e mellora da rede de tratamento de auga de Monforte. Arias suliñou que, “apenas unha semana despois de recibir toda documentación requerida, os técnicos da Xunta remataron o estudo da devandita información técnica e visárona positivamente para a súa definitiva aprobación”.

BENEFICIO PARA OS VECIÑOS

Arias concluíu que o trámite que ven de aprobarse “coa maior prestancia posible” pola Xunta permite acelerar a posta en marcha das obras para a mellora da ETAP e a rede de tratamento de augas de Monforte, algo que “redunda en beneficio de todos os veciños e visitantes da cidade monfortina”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta destinou un millón de euros para formación de desempregados na comarca de Lemos

Seguinte Nova

Traballo conxunto entre Xunta e Goberno central contra o lume e a seca

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: