O colectivo veciñal do Saviñao presentaba nos pasados días no Concello a inclusión dunha serie de puntos de interese local para engadir á que consideran “escasa e totalmente incompleta” relación dos puntos de interese turístico recollidos no Punto de Información Turística Dixital que foi colocado polo Consorcio nas proximidades do concello. Por outro lado, a asociación veciñal informaba nos pasados días de que ven de recibir resposta do Valedor do Pobo admitindo a trámite a solicitude de execución dos dereitos veciñais en canto á súa participación na vida política municipal solicitada en catro ocasións a diversas autoridades do Concello “sen recibir resposta nin aplicación destes dereitos”, segundo sinala a asociación.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa